Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: fran_alonso

Entrevista a Fran Alonso no Atlántico: «En ‘Ninguén’ reflexiono sobre a vecindade cunha mirada indiscreta»

O Atlántico Diario publicou unha entrevista de Ana Baena con Fran Alonso con motivo da publicación de Ninguén, o seu último libro de narrativa. «Tento dar conta do que sucede ao meu arredor» Fran Alonso (Vigo, 1963) é escritor, xornalista e editor.

«Ninguén», de Fran Alonso, unha das novidades de Narrativa do mes de outubro

Ninguén, de Fran Alonso, é unha das novidades de Narrativa do mes de outubro. Sara, unha muller que está farta dos ruídos da cidade, decide cambiar de estilo de vida. Un mozo vive obsesionado polas voces dos seus veciños, que lle impiden levar unha vida normal. Outra muller cítase nunha cafetería cun home ao que coñeceu a través de Internet. S.

Crítica de Ánxela Gracián sobre «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso, en Protexta

Ánxela Gracián publicou en Protexta unha recensión crítica de O meu gato é un poeta, de Fran Alonso, libro do que estes días sae á luz a 2ª edición.

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Poetízate», de Fran Alonso

Ramón Nicolás publica no seu blog unha recensión crítica sobre Poetízate, de Fran Alonso.

«Poetízate», a antoloxía de poesía galega de Fran Alonso, actualízase na súa 8ª edición logo de vender 9.000 exemplares

Poetízate, a desenfadada antoloxía da poesía galega creada e ideada por Fran Alonso, e destinada a lectores que non están habituados a ler poesía, constitúe xa un referente inevitable para a edición de libros de poesía e para os centros de ensino galegos, con máis de 9.000 exemplares vendidos, todo un éxito para unha antoloxía poética.

Fran Alonso, entrevista sobre os Premios Xerais: «”Extramunde” posúe unha pulsión narrativa enorme»

Mercedes Cerdeiras recomenta «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso, na páxina infantil da CRTVG

Mercedes Cerdeiras, responsable da Biblioteca Infantil e Xuvenil da Coruña, recomenda na sección infantil da páxina web da CRTVG, auspiciada por GALIX, o libro O meu gato é un poeta, de Fran Alonso. Reproducimos a súa recomendación: O gato de Fran Alonso é poeta, un poeta 2.

Crítica de Paula Fernández sobre «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publica unha recensión crítica de Paula Fernández sobre O meu gato é un poeta, de Fran Alonso. Reproducímola integramente: Orixinal proposta Xogando coas palabras O gato poeta, que escribe porque lle peta, resulta ser, sen dúbida, un atípico –aínda que auténtico– coñecedor das palabras, un sabedor da linguaxe e mais dos sons.

«O meu gato é un poeta», de Fran Alonso: xogar coas palabras ensina que a poesía é un globo

A pasada fin de semana, Agatha de Santos publicou no Faro de Vigo unha crónica sobre O meu gato é un poeta, a raíz do espectáculo poético-musical que están realizando Fran Alonso e Xurxo Souto sobre o libro.

Espectáculo poético-musical «O meu gato é un poeta» na Coruña este venres 20, con Fran Alonso e Xurxo Souto

Este venres 20 de maio, ás 18,30 h da tarde, na Biblioteca da Asociación de Veciños de Monte Alto (Campo de Marte s/n) da Coruña terá lugar o espectáculo poético-musical O meu gato é un poeta dirixido a nenos e nenas de 4 anos en diante e tamén a adultos, no que participarán o escritor Fran Alonso e o músico Xurxo Souto. O acto está organizado por Xerais e pola Librería Sisargas da Coruña.

Espectáculo poético-musical «O meu gato é un poeta» en Vigo este venres, con Fran Alonso e Xurxo Souto

Este venres 13 de maio, ás 18,30 h da tarde, a librería Libros para Soñar (Rúa Triunfo 1, Casco Vello) de Vigo acollerá o espectáculo poético-musical O meu gato é un poeta dirixido a nenos e nenas de 4 anos en diante e tamén a adultos, no que participarán o escritor Fran Alonso e o músico Xurxo Souto. Durante a sesión, a poesía convertirase en máxia, convertirase en música, convertirase en xogo e soará o acordeón.

«O meu gato é un poeta», de Fran Alonso: a maxia da poesía e da música, en Trafegando Ronseis

Trafegando Ronseis publica unha recensión sobre O meu gato é un poeta, de Fran Alonso, e o seu xeito de achegar a poesía ao público infantil. Reproducímola integramente: Se eu fose o gato de Fran Alonso tamén sería poeta. Se eu fose calquera becho achegado a Fran Alonso sería poeta. Porque ten unha variña máxica capaz de converter a palabra en poesía, máis se esta está dirixida aos nenos e nenas máis pequen@s.