Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: fran_alonso

Palabras moldeadas polas mans argalleiras daqueles e aquelas que ciscan adrenalina e espantan covardías ao son das badaladas da lúa: «Street Poems», de Fran Alonso. Crítica de Diana Pastoriza

O blog Palabras de man ao corazón, de Diana Pastoriza, publicou unha recensión sobre Street Poems, de Fran Alonso. Words in books: Street Poems Na paisaxe de cemento, cabalos desbocados rachan en zigzag unindo liñas de spray con letras de luz. O periscopio da ollada fai o varrido do faro, e Fran Alonso convoca a súa tropa de nácara para cazar espazos e domalos nunha colonización impune da ollada.

Un libro rebelde que une de forma indisoluble a arte urbana coa arte poética: «Street Poems», de Fran Alonso. Crítica de Xesús Fraga

O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe de Xesús Fraga sobre o libro de poemas Street Poems, de Fran Alonso. A reportaxe pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

A poesía como un elemento de liberdade, que escorrega entre os dedos e que é inconformista: «Street Poems», de Fran Alonso. Crítica de David González no blog «Palabra de Gatsby»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro de poemas Street Poems, de Fran Alonso. Recensión: Fran Alonso, «Street Poems» Volve un dos grandes referentes en poesía infantil da nosa literatura cun libro tan peculiar como “gamberro” no que os xogos entre poesía e artes plásticas abundan e sinalan unha nova dirección posible para o futuro da poesía.

Unha obra na que alumea a forza dos libros que han perdurar: «Street Poems», de Fran Alonso. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre o libro de poemas Street Poems, de Fran Alonso.

Un manifesto poético arredor da realidade do espazo público como xerador de mensaxes: crítica de Ramón Rozas sobre «Street poems», de Fran Alonso

Os xornais Diario de Pontevedra e  El Progreso publicaron unha recensión sobre o libro de poemas Street Poems, de Fran Alonso. O texto pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

«Un libro rebelde, desafiante, ‘underground’ e contracultural.» Recensión sobre o libro de poemas «Street Poems» de Fran Alonso en «El Progreso»

O xornal El Progreso publicou unha recensión sobre o libro de poemas Street Poems, de Fran Alonso. O texto pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Fran Alonso: «Poesía e arte urbana encaixan moi ben porque comparten unha orixe común.»

O programa Chamando á Terra, da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar a Fran Alonso, director de Xerais e autor do libro Street Poems.   A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Os libros de poemas «Corpo», de Antón Lopo, e «Street Poems», de Fran Alonso, lideran os máis recomendados na Tabela dos Libros de maio

O libro de poemas Corpo, de Antón Lopo, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de maio. En terceiro lugar sitúase outro texto poético, Street Poems, de Fran Alonso. A Tabela dos libros é unha valoración crítica a xeito de ranking que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, con carácter mensual, para a que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

«Un libro gamberro que dispara versos graffiteiros, versos para rapear.» Anotación sobre «Street Poems», de Fran Alonso, no blog Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre Street Poems, de Fran Alonso. Street Poems Saborear a Fran Alonso. Ben, saborear a poesía de Fran Alonso, non vaiades entender mal! Sempre que sei que vai publicar un libro de poemas, penso “ogallá sexa para o meu alumnado”. E Street Poems -publicado por Xerais- éo.

Novidade: «Street Poems», de Fran Alonso. Disparos de graffiti na procura de espazos de confluencia entre as artes plásticas e a poesía

Street Poems, de Fran Alonso, é unha novidade da colección Sopa de Libros. Fran Alonso volve sorprender desde a poesía infantil e xuvenil, cunha ollada interdisciplinar, fundindo a frescura e a forza dos versos coa improvisación rebelde da “street art”.

Fran Alonso foi nomeado Director de Xerais

O Grupo Anaya decidiu nomear con data de hoxe a Fran Alonso Director Editorial de  Edicións Xerais de Galicia.  Fran Alonso (Vigo, 1963) comezou a súa traxectoria profesional no ámbito do xornalismo e pertence ao cadro de persoal de Xerais desde 1992, onde desempeñou diferentes funcións no ámbito editorial.

«Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso, en Cada día un libro, da TVG

 O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, de Fran Alonso, ilustrado e deseñado polo propio autor. O programa pode verse nesta ligazón.