Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: fran_bouso

Presentación en Monforte de “O raposo aviador que voa sen motor” de Antonio Reigosa

O venres 24 de maio ás 20:00 horas, no Salón de Actos do Centro do Viño de Monforte, terá lugar a presentación do libro O raposo aviador que voa sen motor de Antonio Reigosa e ilustrado por Laura Cortés. No acto, organizado por Aula Aberta en colaboración coa Deputación de Lugo, o Concello de Monforte, O Centro do Viño e a Librería Fénix, participarán Fran Bouso, Laura Cortés e Antonio Reigosa.

Presentación en Mondoñedo de “Long Play” de Lois Pérez

O venres 23 de marzo de 2018, ás 20:30 horas, na Casa da Xuventude de Mondoñedo, terá lugar a presentación do libro Long Play de Lois Pérez. No acto participarán Antonio Reigosa, Paco Piñeiro, Xulio do Canelo, Fran Bouso e Lois Pérez.

Un rocker da Piringalla: «Long Play», de Lois Pérez. Artigo de Fran Bouso

A edición da Mariña de La Voz de Galicia publicou un artigo de opinión de Fran Bouso no que fala sobre o libro de poemas Long Play, de Lois Pérez.   Quen é Lois Pérez? En versión «Long Play» Hai unhas semanas, preguntábame un amigo xornalista: “Quen é Lois Pérez?”, daquela eu contestei en versión curta (SD) e en clave local, pois o colega é de Mondoñedo; hoxe fareino en elepé.

Presentación en Monforte de “Long Play” de Lois Pérez

O xoves 28 de decembro de 2017, ás 20,00 horas, no Centro do Viño da Ribeira Sacra, rúa Comercio, 6, Monforte, terá lugar a presentación do libro Long Play de Lois Pérez. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística  e no que colabora o Centro do Viño da Ribeira Sacra, intervirán Xosé Manuel Fernández, responsable da MESA Lemos; Fran Bouso, coord.

Presentación en Mondoñedo de “Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías” edición de Antonio Reigosa

O venres, 17 de abril, ás 20:30 horas, no CENTRO COMARCAL de Mondoñedo, terá lugar a presentación do libro Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, edición de Antonio Reigosa. No acto, organizado polo Concello de Mondoñedo e Xerais, participarán Orlando González Cruz, alcalde Mondoñedo, Francisco Piñeiro e Fran Bouso, colaboradores da publicación, Lois Pérez, narrador oral, e Antonio Reigosa.