Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: francisco_fernandez_naval

Unha viaxe literaria desde as beiras do Miño ata a Rusia comunista: «A noite branca» de Francisco Fernández Naval. Crítica de Malores Villanueva

O programa Chamando á Terra, da Radio Galega, emitiu unha crítica de Malores Villanueva sobre o libro A noite branca, de Francisco Fernández Naval. A opinión crítica pode escoitarse nesta ligazón.

Paseo pola Coruña Literaria con Nacho Taibo seguindo o itinerario de «Os tres de nunca»

Dentro dos Paseos pola Coruña literaria que organiza a AELG, hai dous que corresponden a autores vencellados a Xerais: Nacho Taibo e  Francisco X. Fernández Naval. O escritor Nacho Taibo guiará as persoas asistentes polos espazos da súa novela Os tres de nunca, recentemente publicada por Xerais.

Presentación na Coruña do libro “Os aforismos do riso futurista” coordinado por Francisco Pillado e Xavier Seoane

O martes, 7 de febreiro, 2017, ás 20:00 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Os aforismos do riso futurista. Autores galegos polo aforismo de Francisco Pillado e Xavier Seoane (coords.).

Francisco Fernández Naval: «Escoitando a miña nai aprendín a contar»

A revista Palavra Comum publicou unha entrevista de Ramiro Torres ao escritor Francisco Fernández Naval.   Entrevista a Francisco X. Fernández Naval Palavra Comum: Que é para ti a literatura? – Francisco X. Fernández Naval: Un xeito de vivir. Non falo dende o punto de vista económico, si vital. Non é só unha paixón, é a vida mesma.

«Os fillos da fame», de Ismael Ramos. Anotación de Francisco Fernández Naval

O escritor Francisco Fernández Naval publicou no seu blog unha anotación sobre o libro de poemas Os fillos da fame, de a Ismael Ramos.   Os fillos da fame Pouco sabía de Ismael Ramos ata que me falou del Malores Villanueva. O día que se iniciaba o festival Pontepoética en Pontevedra, ela presentaba en Vigo o libro de Ismael Os fillos da fame, premio Johán Carballeira de poesía do ano 2015, publicado por Xerais.

Entre o documental e o ficcional: «A noite branca», de Francisco Fernández Naval. Crítica de Dolores Vilavedra

A revista Madrigal publicou unha recensión de Dolores Vilavedra<< sobre a novela A noite branca de Francisco X. Fernández Naval. A crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Unha lectura que conmove: «A noite branca», de Francisco Fernández Naval. Artigo de Jaime Noguerol

O xornal La Región publicou un artigo de opinión de Jaime Noguerol sobre a novela A noite branca de Francisco X. Fernández Naval.     Los más olvidados Me ha conmovido la lectura de “A noite branca”, de Francisco X. Fernández Naval. Cuenta aquella epopeya de 45.000 “voluntarios” fanáticos, aventureros, románticos y rojos expiando culpas. “Vamos a devolverle a los rusos lavisita del 36”.

Un libro fermoso: «oso, mamá, si?», de María Lado. Anotación de Francisco Fernández Naval

O escritor Francisco Fernández Naval publicou no seu blog unha anotación sobre o libro de poemas oso, mamá, si?, de María Lado.   oso mama, si? María Lado (Cee, 1979) vén de publicar o libro de poemas Oso, Mamá, si?, na colección de poesía de Edicións Xerais.

Fernándo Pérez-Barreiro Nolla e as súas memorias: «Amada liberdade». Anotación de Fernández Naval

O escritor Francisco Fernández Naval publicou no seu blog unha anotación sobre sobre o tradutor e intelectual Fernándo Pérez-Barreiro Nolla e o seu libro de memorias Amada liberdade.   FERNANDO PÉREZ-BARREIRO NOLLA NA LEMBRANZA Cúmprese o quinto cabodano do pasamento de Fernando Pérez-Barreiro Nolla en Lancaster. Quizais porque vivía lonxe e só nos viamos de cando en vez, non me afago á idea de que xa non está.

«A noite branca», de Francisco Fernández Naval, tradúcese ao ruso

O escritor Francisco Fernández Naval publicou no seu blog unha anotación dando conta da tradución da súa novela  A noite branca ao ruso.   A NOITE BRANCA EN RUSO Xa está editada en ruso a novela A noite branca, que dá nome a esta bitácora.

«Cadeas», coma a vida. Anotación de Francisco Fernández Naval sobre a novela de Xabier López López, Premio Xerais 2013

O escritor Francisco Fernández Naval publica no seu blog unha anotación sobre Cadeas, de Xabier López López, novela gañadora do Premio Xerais 2013.     CADEAS, COMA A VIDA O pasado venres, 13 de decembro, na biblioteca da AA VV Atochas-Monte Alto-A Torre, presentabamos a novela de Xabier López López, Cadeas, premio Xerais deste ano. Na mesa estabamos Fran Alonso, Xabier e máis eu.

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Do xoves, 1 de agosto, ao domingo, 11 de agosto, terá lugar na Feira do Libro da Coruña, na que Xerais desenvolverá os seguintes actos Día 1 de agosto, xoves 20:00 h.: Presentación de Días que non foron de Luís Rei Núñez. Participan: Mercedes Queixas, Manuel Bragado e o autor. 21:00 h.: Presentación de Retallos daquela infancia de Bautista Álvarez. Participan: Pilar García Negro, Manuel Bragado e o autor.