Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: francisco_martínez_bouzas

«Historia da literatura galega IV», de Xosé Ramón Pena, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de abril

Historia da literatura galega IV. De 1936 a 1975. A “longa noite”, de Xosé Ramón Pena, é o segundo libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de abril.

Un libro que devén un auténtico imperativo para que non desviemos a vista diante de calquera sinal de perigo que nos ameaza: «Se isto é un home», de Primo Levi. Anotación no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou unha anotación de Francisco Martínez Bouzas sobre o libro: Se isto é un home, de Primo Levi. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«Dentro da literatura» e «Relatos para a televisión», entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de febreiro

Dentro da literatura, de Suso de Toro, é o segundo libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de febreiro. No terceiro lugar sitúase outro texto de Xerais: Relatos para a televisión, de Xabier Cordal.

Movie road de noso. A arte do coloquial: «Tres pintores», de Cid Cabido. Anotación no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou unha anotación de Francisco Martínez Bouzas sobre o libro: Tres pintores, de Cid Cabido. Premio Ánxel Fole de Narración Curta, 2018. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un amplo relato no que o autor toma licenzas que rebordan o rigor histórico e que non renuncia a ser novela: «Nova Nursia», de Héctor Cajaraville. Crítica na revista Tempos Novos

A revista Tempos Novos publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre o libro: Nova Nursia, de Héctor Cajaraville. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

«Tres pintores», de Cid Cabido, é o libro máis recomendado na Tabela dos Libros de decembro

Tres pintores, de Cid Cabido, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de decembro. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.

«Vivir sen permiso e outras historias de Oeste», «Vivir a galope» e «Besta do seu sangue», entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de novembro

Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, de Manuel Rivas, é o primeiro libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de novembro. En segundo lugar sitúase outro texto de Xerais: Vivir a galope, de María Xosé Queizán. E no terceiro posto está outro libro de Xerais: Besta do seu sangue, de Emma Pedreira, compartindo esta terceira posición co libro: A través do fume, editado este último por Galaxia.

A vida como tránsito, impermanencia, cambio, precariedade, temporalidade: «Non o saben as estrelas», de Diego Alfonsín. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela Non o saben as estrelas, de Diego Alfonsín. O libro gañou o XXIV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta e está editado por Xerais na colección Narrativa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha novela de guerra, espías e accións trepidantes. «O exército de fume», de Manuel Gago. Crítica no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura do Faro de Vigo publicou unha anotación de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela: O exército de fume, de Manuel Gago. A anotación pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«O meu nome é Ninguén» de Manuel Esteban e «A balada dos unicornios» de Ledicia Costas, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de outubro

O meu nome é Ninguén, de Manuel Esteban, é o segundo libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de setembro. En terceiro lugar sitúase outro texto de Xerais: A balada dos unicornios, de Ledicia Costas.

Unha mostra senlleira de que tamén na literatura galega está a agromar con forza a narrativa baseada en feitos e personaxes reais: «Nova Nursia», de Héctor Cajaraville. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela Nova Nursia, de Héctor Cajaraville A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novela de rachaduras, de fortaleza, carraxe, amor, medo e moita valentía: «Lapis na noite», de Ramón Nicolás. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela Lapis na noite, de Ramón Nicolás. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.