Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: francisco_xosé_fernández_naval

Feira do Libro de Vigo, programa definitivo de actos para esta semana

A inoportuna coincidencia na Praza de Compostela da celebración da Feira do Libro de Vigo e da proxección dos partidos do campionanto mundial de fútbol, obriga a editorial a cancelar a presentación da novela de Marcos Calveiro, O pintor do sombreiro de malvas, prevista para o vindeiro mércores.

«A prosa de Fernández Naval soa a poesía» por José Manuel Estévez-Saá

Cando se di dun escritor que a súa narrativa soa como a poesía está a darse a entender, desde un punto de vista metafórico, que a súa produción literaria reúne unha serie de características que a fan atractiva ao lector, como a precisión na linguaxe, a sonoridade da mesma, a mestría na caracterización dos personaxes ou a brillantez á hora de construír as situacións dramáticas.

Xerais na Feira do Libro de Vigo

Xerais adianta a relación das presentacións que ten previsto realizar na Feira do Libro de Vigo, que se celebrará na Praza de Compostela do 2 ao 11 de xullo. A estes actos engadiranse diversas asinaturas de autores e autoras que anunciaremos nos vindeiros días.

«Níxer», crítica de Pilar Ponte en «Faro da Cultura»

MANTENDO A OLLADA Níxer: Viaxes á aventura humanitaria A primeira noticia que tiven do libro foi a través de Emereci, moi boa conselleira, que recollía no seu blog a cita de Fran Alonso «Porque unha vida en Occidente non ten prezo, pero a vida en África non ten valor», a partir de aí xa todo foron boas palabras para Níxer.

«Níxer», presentación na Coruña

O vindeiro martes, 1 de xuño, ás 20:00 horas na Casa Museo Casares Quiroga, rúa Panaderas, 12 da Coruña, presentarase Níxer, o libro publicado por Xerais en colaboración con Acción contra a Fame. No acto participarán tres dos autores, Alfonso Costa, Camilo Franco, Francisco X. Fernández Naval, que estarán acompañados pola responsable en Galicia de Acción contra a Fame, Isabel Iglesias Santos e polo editor Manuel Bragado.

«Níxer», presentación en Ourense

O 26 de maio, mércores, ás 20:15 preséntase no Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal nº 5) Níxer, o libro do que son autores Francisco Xosé Fernández Naval, Camilo Franco, Alfonso Costa e Moustapha Bello Marka, editado por Xerais en colaboración con Acción contra a Fame e Cultura Solidaria Galega. No acto acompañaran aos autores Isabel Iglesias Santos, responsable en Galicia de Acción contra a Fame, e o editor Fran Alonso.

«Níxer», crítica de Ramón Nicolás

NÍXER: RADIOGRAFÍA DO ÚLTIMO LUGAR SOBRE A TERRA NÍXER QUERE CHAMAR A ATENCIÓN SOBRE UN DOS PAÍSES MÁIS POBRES DO MUNDO NUNHA INICIATIVA DE EDICIÓNS XERAIS, ACCIÓN CONTRA A FAME E CULTURA SOLIDARIA GALEGA É imposible concluír a lectura dun libro deste carácter tal e como se principiou. Talvez poida semellar que a afirmación é esaxerada, pero non teño dúbida de que esta é unha desas achegas que perduran na memoria.

«”Níxer”: crónicas para un país silenciado»

Acción Contra a Fame e Xerais publican Níxer, un libro solidario sobre o país africano Sobre os países dese Terceiro Mundo tan afastado para as nosas latitudes só se fala cando hai grandes traxedias que conmoven a Occidente coas imaxes dunha explosión de dor. Cando esa explosión se apaga, o silencio cóbreo todo e o sufrimento segue aí.

«Níxer», presentación en Compostela

O vindeiro mércores, 28 de abril, ás 20:15  horas nas instalacións do Casino de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar) presentarase o libro Níxer do que son autores Francisco X. Fernández Naval, Camilo Franco e Alfonso Costa. Na presentación acompañarán aos autores o editor Manuel Bragado e Isabel Iglesias Santos responsable de Acción Contra a Fame.

Xerais, novidades de marzo

Xerais, novidades de marzo

No vindeiro mes de marzo Xerais publicara unha ducia de novidades. No eido da edición literaria, na colección Xerais Narrativa aparecerán a novela Peaxes de Santiago Lopo e o libro de relatos Para seguir bailando de Francisco X. Fenrández Naval. En Xerais Crónica publicaranse as Conversas con Celso Emilio Ferreiro preparadas por Ramón Nicolás Rodríguez. Na serie Letras Galegas a novela de Daniel Ameixeiro Ramón Piñeiro.