Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: franck_meyer

Herta Müller recibirá o Nobel o 10 de decembro

Moi interesantes son as declaracións realizadas en Estocolmo por Herta Müller, días antes da cerimonia de entrega do Premio Nobel de Literatura. A escritora alemá, de nacionalidade romanesa e pertencente á minoría suaba, síntese «filla do desarraigamento»: “A miña casa era a miña casa, pero se es perseguida, se estás asustada, non tes sensación de fogar” explicou.

Herta Müller, Nobel 2009

Xerais expresa a súa grande satisfacción pola adxudicación do Premio Nobel de literatura 2009 á escritora Herta Müller, poeta e narradora, nacida en 1953, en Nitzkydorf, Bánat (Romanía), no seo dunha familia da minoría alemana.