Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: fred_quincalla_o_nómade_do_mar

Catro títulos de Xerais para abrirlle a porta á lectura en galego

A fin de facilitar algunhas lecturas en galego que abran portas nestes días complicados, Xerais pon a disposición das familias e do profesorado catro títulos de literatura infantil e xuvenil (un por idade). Son catro atractivos títulos que lles ofrecemos ás lectoras e lectores e aos que se pode acceder en rede a través da plataforma ISSU.

Teresa González Costa: «Todos os meus personaxes son en certa medida viaxeiros movidos pola curiosidade e o saber, e van aprendedo polo camiño»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de L. Castro a Teresa González Costa sobre o seu libro Fred Quincalla, o nómade do mar. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Un libro marabilloso, engaiolante, un lugar para a maxia: «Fred Quincalla, o nómade do mar», de Teresa González Costa. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela infantil Fred Quincalla, o nómade do mar, de Teresa González Costa, ilustrado por Marina Seoane.

Presentación de “Fred Quincalla, o nómade do mar” de Teresa González Costa no Grove

O mércores, 19 de xullo, 2017, ás 20,00 horas, na Sala das Cunchas, Praza do Corgo, 1, O Grove, terá lugar a presentación do libro Fred Quincalla, o nómade do mar de Teresa González Costa. No acto participarán Emma Torres, Manuel Bragado e a autora.

A maxia e a diferencia nun ambiente onírico: «Fred Quincalla, o nómade do mar», de Teresa González Costa. Crítica de Mario Regueira

O xornal Sermos Galiza publicou unha recensión crítica de Mario Regueira sobre o libro Fred Quincalla, o nómade do mar, de Teresa González Costa, ilustrado por Marina Seoane. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

A reinvindicación dun mundo máis xusto: «Fred Quincalla, o nómade do mar», de Teresa González Costa. Recensión de Alba Piñeiro

Alba Piñeiro publicou no blog Versos e Aloumiños unha recensión sobre a novela Fred Quincalla, o nómade do mar, de Teresa González Costa, ilustrada por Marina Seoane.     «Fred Quincalla, o nómade do mar», de Teresa González Costa Edicións Xerais achégalle ao público infantil esta fermosa historia da man dunha escritora ben coñecida no panorama da LIX das nosas letras Teresa González Costa.

Novidade: «Fred Quincalla, o nómade do mar», de Teresa González Costa: Unha das moitas e fascinantes historias de Leopolda Diéguez

Fred Quincalla, o nómade do mar, de Teresa González Costa, é unha novidade da colección Sopa de Libros, e está ilustrado por Marina Seoane. Esta é unha das moitas historias de Leopolda Diéguez, fascinante narradora e facedora de artes máxicas. Viaxeira por curiosidade e necesidade, un día Leopolda deu co Gran Gogol, un cociñeiro aprendiz de violinista e fuxitivo da inxustiza.