Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: fútbol_es_fútbol

Presentación de “Fútbol es fútbol” de Jacobo Buceta na Illa de Arousa

O venres, 12 de abril, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos do Concello da Illa de Arousa, terá lugar a presentación do libro Fútbol es fútbol de Jacobo Buceta. No acto participarán Jacinto Barreiro, Xaime Escudeiro, Diego Gondar (presidente do Céltiga C.F.), Belermo Dios (presidente da peña Carcamáns), Carlos Iglesias (Tenente Alcalde do Concello da Illa de Arousa) e Jacobo Buceta.

Sinatura de “Fútbol es fútbol” de Jacobo Buceta

O xoves, 20 de decembro a partir das 19:30 horas, Jacobo Buceta asinará exemplares do seu libro Fútbol es fútbol no departamento de librería de El Corte Inglés de Vigo.

Contra a visión centralista no fútbol: «Fútbol es fútbol» de Jacobo Buceta. Artigo de Manuel Bragado

Manuel Bragado recolle en Brétemas a reflexión que realiza no seu artigo de Faro de Vigo a partir do libro Fútbol es fútbol de Jacobo Buceta.   Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da aparición do libro Futbol es fútbol de Jacobo Buceta e da vitoria do Celta fronte ao Madrid, a criticar o relato centralista e reaccionario promovido pola caverna madrileña sobre as competicións de fútbol profesional.

Crónica en Brétemas da presentación de «Fútbol es fútbol», de Jacobo Buceta

Manuel Bragado publicou en Brétemas unha crónica da presentación de Fútbol es fútbol de Jacobo Buceta.   Celebramos a primeira presentación dun libro nas magníficas instalacións do espazo cultural d’ A Nave de Vidán. O xornalista Xosé Hermida e o seleccionador galego Fernando Vázquez conversaron con Jacobo Buceta sobre os contidos dun libro que radiografía o mundo do fútbol e dos seus protagonistas.

Todo o que hai diante e detrás do fútbol: «Fútbol es fútbol» de Jacobo Buceta

O Culturas de La Voz de Galicia publicou unha pequena recensión de J.M.F sobre Fútbol es fútbol de Jacobo Buceta.

Presentación en Santiago de “Fútbol es fútbol” de Jacobo Buceta

O martes, 11 de decembro, ás 20,00 horas, na Nave de Vidán, Avda Mestra Victoria, 44 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Fútbol es fútbol de Jacobo Buceta. No acto participarán Toño Bermúdez (Xefe de deportes de Radio Galicia-Cadena SER), Xosé Hermida (Delegado de “El País” Galicia), Fernando Vázquez (Adestrador de fútbol e Seleccionador Galego), Manuel Bragado (director de Xerais) e Jacobo Buceta.

Presentación en Vilagarcía de “Fútbol es fútbol” de Jacobo Buceta

O luns, 10 de decembro, ás 20,00 horas, na Sala de Conferencias da Autoridade Portuaria, Peirao de Pasaxeiros de Vilagarcía, terá lugar o acto de presentación do libro Fútbol es fútbol de Jacobo Buceta.

Presentación de “Fútbol es fútbol” de Jacobo Buceta en Vigo

O luns, 29 de outubro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27 de Vigo, terá lugar a presentación do libro Fútbol es fútbol de Jacobo Buceta. No acto participarán Xaime Escudeiro, Jacinto Barreiro, Javier Rodríguez, Manuel Bragado e Jacobo Buceta.