Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: futuro

Intenso debate creado a partir do libro «Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico». Reportaxe na revista Eco

A revista Eco, que xa publicara unha longa entrevista a Manuel Blanco Desar, coordinador do libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, publica agora no seu número de setembro unha detallada reportaxe sobre a crise demográfica galega a partir do debate creado polo libro que publicou Xerais.   A reportaxe pode lerse ou descargarse completa en pdf nesta ligazón.

Manuel Blanco Desar: «Hai que buscar medidas compensatorias para que quen decida ter fillos non sexa penalizado»

A revista Eco publicou unha longa entrevista de Teresa Rocamonde a Manuel Blanco Desar, coordinador do libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico. (Fotografías de Miguel Muñiz).   A entrevista pode lerse ou descargarse completa en pdf nesta ligazón.

Manuel Blanco: «A anoxia demográfica de Galicia é un autoxenocidio»

O xornal ABC publicou unha entrevista de E. P. Rodríguez Somoza a Manuel Blanco Desar, coordinador do libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico.

Coa crise demográfica Galicia podería perder un millón de habitantes. Debate en torno a «Galicia: un pobo con futuro?»

O libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, coordinado por Manuel Blanco Desar, deu a voz de alerta e agora o debate está en riba da mesa. Reproducimos unha información de La Voz de Galicia onde se fala do libro (que se pode ler ou descargar nesta ligazón), así como un artigo no Faro de Vigo do propio coordinador da publicación, Manuel Blanco Desar (que se pode ler ou descargar nestoutra ligazón).

Cando Galicia Morre. «Galicia: un pobo con futuro?, coordinado por Manuel Blanco Desar. Reportaxe de Montse Dopico

Continúa o debate xerado polo libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, coordinado por Manuel Blanco Desar. O Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publica unha reportaxe de Montse Dopico sobre o devalo demográfico.

Suicidio colectivo: «Galicia: un pobo con futuro?, coordinado por Manuel Blanco Desar. Reportaxes e debate

O libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, coordinado por Manuel Blanco Desar, continúa a crear debate. Varios medios de comunicación fixéronse eco do libro, como se pode ver neste pequeno dosier das últimas informacións publicadas sobre el. Esta pasada fin de semana, El Correo Gallego publicou unha longa reportaxe con entrevista ao seu autor que se pode ler nesta ligazón.

Manuel Blanco Desar: «A fase de laiarse pola baixa natalidade xa pasou. É tempo de medidas concretas»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Marcos Pérez Pena a Manuel Blanco Desar, coordinador do libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico.   «A fase de laiarse pola baixa natalidade xa pasou. É tempo de medidas concretas» O envellecemento da sociedade galega, o despoboamento de moitas zonas e a baixa natalidade son, seguramente, o problema máis importante dos que afectan a Galicia.

Manuel Blanco Desar: «Galicia ten a segunda tasa de natalidade máis baixa de Europa pero non hai políticos que se atrevan a tomar medidas»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Ángel Graña a Manuel Blanco Desar, coordinador do libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Manuel Blanco Desar: «A única saída ao déficit demográfico é o colapso ou unha inmigración masiva»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Sofía Vázquez a Manuel Blanco Desar, coordinador do libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Modernidade á galega. Artigo de Xosé Ramón Pena sobre «Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico»

O escritor Xosé Ramón Pena publicou no Faro de Vigo un artigo sobre a crise demográfica galega partindo do libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, coordinado por Manuel Blanco Desar. O artigo pode lerse ou descargase nesta ligazón.

González Redoredo: «O sufraxio infantil é un xeito de reforzar o voto dos pais». Entrevista sobre «Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico»

O xornal El Progreso publicou unha entrevista de María Piñeiro a Xosé M. González Reboredo, que hoxe participa na presentación de Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, libro coordinado por Manuel Blanco Desar. A entrevista pode lerse ou descargase nesta ligazón.

Manuel Blanco Desar: «Se non hai relevo xeracional Galicia mingua e tampouco hai relevo cultural»

Radiofusión emitiu unha entrevista a Manuel Blanco Desar, coordinador do libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico.