Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: galería_de_saldos

Cando cada relato é un golpe: «Galería de saldos» de Diego Giráldez. Crítica de Malores Villanueva

 O programa Chamando á terrra, da Radio Galega, emitiu unha opinión crítica de Malores Villanueva sobre o libro  Galería de saldos, de Diego Giráldez. A opinión crítica pode escoitarse nesta ligazón.

Dous libros que vibran: «Galería de saldos» de Diego Giráldez e «O espello do mundo» de Ramón Nicolás. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra unha recensión crítica sobre dous libros: Galería de saldos, de Diego Giráldez, e O espello do mundo, de Ramón Nicolás.   Galería de saldos, de Diego Giráldez, e O espello do mundo, de Ramón Nicolás   Dous libros Chegaron xuntos da man. Metidos no mesmo paquetiño procedente da editorial Xerais como un máis dos seus abeizoados envíos.

Festa dos Libros. Pontevedra 2017. Libros de Xerais

Os días 23, 24 e 25 de xuño, na praza da Ferrería de Pontevedra, terá lugar a Festa dos Libros, 2017 organizada polo Concello de Pontevedra e as librarías de Pontevedra. O amplo programa desenrolarase  de venres e sábado de 11.00 a 14.30 h e de 18.00 a 23.30 h e o domingo de 11.00 a 14.30 h e de 18.00 a 22.00 h. As actividades de obras publicadas por Xerais son: Venres, 23 18.

O ano da consagración literaria de Diego Giráldez

O Faro de Vigo publicou unha información de Brais Llopis sobre a elección do escritor Diego Giráldez, autor de Galería de saldos, por parte dos internautas de Fervenzas Literarias como Autor do ano 2016. (Foto: Iria Torres).

Xerais agradece ás persoas participantes e aos autoras e autores os recoñementos dos mellores libros do 2016 en Fervenzas Literarias

A web Fervenzas Literarias fixo públicos onte os resultados dos seus premios, decididos polas persoas que votaron nun proceso aberto ao público. Numerosos libros de Xerais figuran entre os recoñecementos dos e das internautas. Moitas grazas para as persoas que participaron, moitas grazas á web Fervenzas Literarias, moitas grazas aos lectores e lectoras e grazas moi especias para as autoras e autores.

Unha alfaia, un libro gamberro, con referencias de cultura popular e ‘alta’ cultura: «Galería de saldos» de Diego Giráldez. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro  Galería de saldos, de Diego Giráldez.     Recensión: Diego Giráldez, «Galería de Saldos» Hoxe imos facer algo diferente, un experimento. En vez de que o lector, eu poñamos por exemplo, poida dicir algo da publicación, imos deixar que o autor sexa quen a priori diga algo da súa obra.

Certeiro retrato da sociedade actual: «Galería de saldos» de Diego Giráldez. Por Cristina Fernández

A revista Coolt publicou unha crítica de Cristina Fernández sobre o libro Galería de saldos, de Diego Giráldez.   Humanidade de saldo, por Diego Giráldez Non é a primeira vez que a literatura bebe da pintura ou das artes plásticas en xeral e busca nelas inspiración. Non é a primeira vez que un escritor fai o retrato da clase traballadora, esa maioría a miúdo minorizada.

Un escritor sólido: «Galería de saldos» de Diego Giráldez. Por García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha recensión sobre o libro Galería de saldos, de Diego Giráldez.   A luz das palabras (60) Diego Giráldez Cando lin Galería de saldos, fiquei abraiado. Tiña diante miña un libro de relatos potente, duro, orixinal no seu planteamento e que sentín coma unha frecha directa ao centro dos sentidos. Decateime axiña que estaba diante dun escritor sólido.

Diego Giráldez: «Eu quería que cada relato fose un golpe, ese disparo na boca do estómago»

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil a Diego Giráldez sobre o seu libro de relatos Galería de saldos.   Diego Giráldez: «No oficio de escritor é máis importante saber borrar que saber escribir» Diego Giráldez (O Porriño, 1976) converteuse nun dos autores revelación do 2016. O seu libro Galería de saldos (Xerais) busca un novo camiño literario cunha voz definida desde a primeira liña.

Presentación en Ponteareas de “Galería de saldos” de Diego Giráldez

O venres, 14 de outubro, ás 20:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas, terá lugar a presentación do libro Galería de saldos de Diego Giráldez. No acto, organizado no programa “Venres D_Letras”, participarán Manrique Fernández e Diego Giráldez.

Vermú entre libros con “Galería de saldos” de Diego Giráldez en Pontevedra

O sábado, 8 de outubro, ás 12:30 horas, na libraría Paz, rúa Peregrina, 29, Pontevedra, terá lugar o vermú entre libros  da novela Galería de saldos de Diego Giráldez. Participarán a xornalista Teresa Cuíñas e Diego Giráldez.

Relatos concentrados, persoais, intensos, que nos golpean: «Galería de saldos» de Diego Giráldez. Crítica de Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre o libro Galería de saldos, de Diego Giráldez. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.