Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: galería_sargadelos_ferrol

Presentación de “O último día de Terranova” de Manuel Rivas en Ferrol

O mércores, 24 de febreiro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos, rúa Rubalcava, 30-32, en Ferrol, terá lugar a lectura, presentación e coloquio arredor da novela O último día de Terranova de Manuel Rivas. O acto está organizado pola Asociación Cultural Fuco Buxán e Xerais.

Presentación en Ferrol de “Costa do Solpor” de Xosé Mª Lema

O martes, 28 de abril, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos, Rubalcava 30-32 (esquina rúa María) de Ferrol, terá lugar a presentación do libro Costa do Solpor de Xosé Mª Lema. Costa do Solpor, unha novela de aventuras (piratas, abordaxes, tesouros…) ambientada na Costa da Morte e na Coruña do séc. XVIII, foi galardonada co Premio da Crítica Galicia (creación literaria) 2014.

Presentación en Ferrol de “O polbo e a súa cociña” de Matilde Felpeto

O luns, 15 de decembro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos, Rubalcava 30-32 de Ferrol, terá lugar a presentación do libro O polbo e a súa cociña de Matilde Felpeto. No acto participarán Manuel Bragado e Matilde Felpeto. A autora convidará aos asistentes a uns mantecados feitos por ela.

Presentación en Ferrol de “O violín de Rembrandt” de Jorge Llorca

O xoves, 23 de outubro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos, Rubalcava 30-32 (esquina rúa María) de Ferrol, terá lugar a presentación do libro O violín de Rembrandt de Jorge Llorca, Premio Blanco Amor de Novela 2013. No acto participarán Eduardo Fra Molinero, Manuel Bragado e o autor.

Presentación en Ferrol de “Liña azul” de David Pobra

O venres, 11 de xullo, ás 19:30 horas, na Galería Sargadelos de Ferrol, terá lugar a presentación da novela Liña azul de David Pobra. No acto participarán Isaac Lourido e David Pobra.

Presentación «Ámote Leo A.» en Ferrol

O venres, 13 de decembro, ás 19:00 horas, na Galería Sargadelos, rúa Rubalcava 30-32, esquina rúa María, de Ferrol, Rosa Aneiros presentará o seu libro Ámote Leo A. Destino xalundes. O acto contará coa participación especial do Club de Lectura Pantasmas de Papel.

Presentación en Ferrol de “A noite branca” de Francisco X. Fernández Naval

O martes, 26 de febreiro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos, rúa Rubalcava, 30-32, esquina rúa María de Ferrol, terá lugar a presentación do libro A noite branca de Francisco X. Fernández Naval. No acto participarán Nicolás Vidal, Bernardo Máiz, Manuel Bragado e o autor. Ao remate servirase un viño ofrecido por Colección Costeira.

Presentación en Ferrol de “15.724″ de Xesús Constela

O venres, 19 de outubro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos, rúa Rubalcava, 30-32 de Ferrol, terá lugar a presentación da novela 15.724 de Xesús Constela. No acto participarán Adolfo Caamaño, Manuel Bragado e Xesús Constela.

«En castellano no hay problema» presentación en Ferrol

O vindeiro mércores, 14 de xullo, ás 20:00 nas instalacións da Galería Sargadelos de Ferrol (Rúa Rubalcava, 30-32), terá lugar a presentación do libro de Carlos Callón En castellano no hay problema. Acompañarán ao autor, Carlos Outeiro, Francisco Rodríguez, e Manuel Bragado.

«Historia Social da Guerra da Independencia en Galicia», presentación en Ferrol

O vindeiro luns, 30 de novembro, ás 20:00 horas nas instalacións da Galería Sargadelos de Ferrol (rúa Rubalcava 30-32) presentarase Historia Social da Guerra da Independencia en Galicia de Xosé Ramón Barreiro Fernández. No acto, acompañarán ao autor Guillermo Llorca Freire, catedrático de catedrático de Xeografía e Historia do IES Sofía Casanova e Manuel Bragado, director de Xerais.

«Sol de Inverno», presentación en Ferrol

O mércores, 28 de outubro, ás 20:00 horas na Galería Sargadelos de Ferrol realizarase a primeira presentación de Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009. No acto acompañarán á autora Sonia Díaz Pereiro e Manuel Bragado.

“O ‘ Salto do Can”, presentación en Ferrol

“O ‘ Salto do Can”, presentación en Ferrol

O ‘ Salto do Can, a novela de Jorge Llorca presentarase por vez primeira o vindeiro xoves, 28 de maio, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Ferrol (Rubalcava, 30-32. Esquina rúa María de Ferrol.). No acto acompañarán ao autor o escritor  Xabier P. DoCampo e o editor Manuel Bragado.