Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: galería_sargadelos_lugo

Presentación en Lugo de “Castelao na Unión Soviética en 1938″ de Xesús Alonso Montero

O mércores, 26 de setembro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos, Praza de Santo Domingo, 4 de Lugo, terá lugar a presentación do libro Castelao na Unión Soviética en 1938 de Xesús Alonso Montero. No acto participarán Xesús Alonso Montero, Carlos Portomeñe e Manuel Bragado.

Presentación de “Un niño no xardín” de Xoán Neira en Lugo

O venres, 29 de xuño, ás 20:00 horas, terá lugar, na Galería Sargadelos, Praza de Santo Domingo, 4 de Lugo, a presentación do libro Un niño no xardín de Xoán Neira, publicado na colección Sopa de libros. No acto acompañarán ao autor, o escritor Xosé Miranda e o director de Xerais Manuel Bragado.

Presentación de «Un dedo manchado de tinta», de Manuel Portas, en Lugo o próximo venres

Presentación de «Un dedo manchado de tinta», de Manuel Portas, en Lugo o próximo venres

O próximo venres 30 de setembro,  terá lugar en Lugo a presentación do libro  Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas. O acto, que contará coa participación de Xosé Chorén, Manuel Bragado e Manuel Portas, será ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4, Lugo).

Presentación de «Svea Kött (carne sueca)», de Domingo Tabuyo, en Lugo o próximo venres 9 de setembro

O próximo venres 9 de setembro, ás 20:00 horas, terá lugar na Galerís Sargadelos de Lugo (Praza de Santo Domingo, 4) a presentación da novela  Svea Kött (Carne Sueca), de Domingo Tabuyo. O acto contará coa participación de de Xosé Orozco, do editor Manuel Bragado e propio Domingo Tabuyo.

Presentación de «Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo», de Xesús Alonso Montero o próximo mércores en Lugo

Presentación de «Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo», de Xesús Alonso Montero o próximo mércores en Lugo

O próximo mércores 4 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar na Galería Sargadelos de Lugo (Praza de Santo Domingo, 4), a presentación do libro Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero.

«Denso recendo a salgado» de Manuel Portas, presentación en Lugo

O vindeiro venres, 15 de outubro, ás 20,00 horas na Galería Sargadelos, Praza de Santo Domingo, 4 de Lugo, presentarase Denso recendo a salgado, primeira novela de Manuel Portas. Acompañarán ao autor Xosé Chorén, Xosé Miranda e Fran Alonso.

«Cartas de republicanos galegos condenados a morte», presentación en Lugo

O vindeiro venres, 4 de decembro, ás 20:00 horas terá lugar nas instalacións da Galería Sargadelos de Lugo (Praza de Santo Domingo 4) a presentación do libro Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) de Xesús Alonso Montero. Acompañará ao autor o editor Manuel Bragado.

«Pirata» presentación en Lugo

O vindeiro luns, 26 de outubro, ás 20:00 horas na Galería Sargadelos de Lugo (Praza de santo Domingo 4) presentarase Pirata, a novela máis recente de María Reimóndez. No acto acompañarán á autora Olga Castro, o músico Xabier Díaz e Manuel Bragado.