Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: galería_sargadelos_pontevedra

Presentación en Pontevedra de “Antípodas” de Xosé Vázquez Pintor

O venres, 6 de marzo, ás 20,00 horas, na Galería Sargadelos, rúa da Oliva, 22 de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Antípodas de Xosé Vázquez Pintor. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra, A Galería Sargadelos e Xerais, participarán Xaime Toxo, Manuel Bragado e a cantora Begoña Lorenzo.

«Os Celtas» de Francisco Calo, presentación en Pontevedra

O xoves, 22 de abril, ás 20:00 horas presentarase na Galería Sargadelos de Pontevedra (Rúa Oliva 24) o libro de Francisco Calo Lourido Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia. No acto participarán Manuel Martí Figueiras, Manuel Bragado e o propio autor.

«Pirata», presentación en Pontevedra

O mércores, 4 de novembro, ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra (rúa Oliva 22) presentarase Pirata, a máis recente novela de María Reimóndez. No acto, coorganizado polo Ateneo de Pontevedra e Xerais, acompañarán á autora, Mª Xesús Fariña Busto, o músico Xabier Díaz e o editor Fran Alonso.