Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: galicia_encantada

Actos de Xerais na I Feira do disco e do libro galegos en Monterroso

O recinto feiral da Cúpula, en Monterroso, acollerá o vindeiro domingo 27 de marzo a primeira edición da Feira do disco e o libro galegos na que se presentarán, entre outros, os libros Galicia Encantada de Antonio Reigosa e Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes.

Antonio Reigosa: «Os rapaces non coñecen a mitoloxía propia e si a allea, practicamente idéntica»

O xornal La Opinión publicou unha entrevista de Enrique Carballo ao escritor Antonio Reigosa sobre o libro Galicia Encantada, o país das mil e unha fantasías, ilustrado por Noemí López.

Antonio Reigosa: «A nosa cultura segue a ser forte e profunda»

La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Laura Ramos Cuba ao escritor Antonio Reigosa sobre o libro Galicia Encantada, o país das mil e unha fantasías, ilustrado por Noemí López. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación «Galicia Encantada» en Foz

O venres, 31 de xullo, ás 20:30 horas, na librería Bahía de Foz, terá lugar a presentación do libro Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, edición de Antonio Reigosa.

Xerais na Feira do Libro de Ribeira (do 16 ao 19 de xullo)

Do 16 ao 19 de xullo terá lugar a Feira do Libro de Ribeira na que Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 17 de xullo, venres 20:30 h.: Presentación de Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo de X. Ricardo Losada con Manuel Cartea e Manuel Bragado. Día 19 de xullo,  domingo 13:30 h.: Presentación de Rubicundo de María Canosa 21:00 h.:  Presentación de Galicia Encantada.

Presentación en Melide de “Galicia Encantada” edición de Antonio Reigosa

O venres, 29 de maio, ás 20:00 horas, no Museo Terra de Melide, terá lugar a presentacion do libro Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías edición de Antonio Reigosa. No acto participarán Antonio Reigosa e o actor  Avelino González que narrará algunhas das historias que contén o libro.

O tesouro da tradición oral: «Galicia Encantada», coordinado por Antonio Reigosa. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, edición de Antonio Reigosa.

Presentación en Moaña de “Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías”

O venres, 15 de maio, ás 20:30 horas, na librería O Pontillón, Avda Concepción Arenal de Moaña, terá lugar a presentación do libro Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías edición de Antonio Reigosa. No acto, organizado por Lonxa Literaria, participarán Xosé Couñago e Antonio Reigosa.

Antonio Reigosa: «Os individuos somos, por natureza, creadores de arte»

A revista Palavra Comum publicou unha entrevista de Ramiro Torres a Antonio Reigosa.     Entrevista a Antonio Reigosa - Palavra Comum: Que é para ti a oralidade, a literatura popular? - Antonio Reigosa: O que denominamos oralidade é moito máis ca voz e palabras máis ou menos coordenadas ou organizadas nun discurso.

Xerais na Feira do Libro de Compostela

Do 1 ao 10 de maio, na Alameda,  terá lugar a Feira do Libro de Compostela na que Xerais ten organizado os seguintes actos: 1 de maio, venres: Inauguración e lectura do Pregón a cargo de Manuel Portas. O autor asinará exemplares das súas obras. 3 de maio, domingo 20:00 h.:  Xurxo Souto realizará unha nova sesión de “Océano para terrícolas”, unha presentación musical do libro Contos do mar de Irlanda.

Lectura apaixonante: «Galicia Encantada», coordinado por Antonio Reigosa. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación crítica sobre o libro Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, edición de Antonio Reigosa.     Galicia Encantada. O País das mil e unha fantasías Antonio Reigosa lévanos polo mundo da fantasía popular neste libro que publica Xerais: Galicia Encantada.

Antonio Reigosa: «Internet é unha gran oportunidade para a cultura que se expresa oralmente»

La Voz de Galiciapublicou unha entrevista de Yolanda García ao escritor Antonio Reigosa, sobre o libro Galicia Encantada, o país das mil e unha fantasías, ilustrado por Noemí López. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.