Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: galicia_hoxe

A esencia de Agustín Fernández Paz: palabra, lingua e literatura. Artigo de Xavier Castor sobre «O rastro que deixamos»

Xavier Castro Rodríguez publicou no Galicia hoxe un artigo sobre O rastro que deixamos de Agustín Fernández Paz.   A memoria no oficio de escribir Nesta miscelánea de textos, creados en tempos e lugares diferentes, está a esencia de Agustín Fernández Paz como escritor, creador e, naturalmente, como individuo comprometido e consecuente con moitas causas; a cerna identificada coa realidade humana e lingüística deste país.

A caixa de marmelo que conduce á División Azul: «A noite branca», de Francisco X. Fernández Naval

Os xornais Galicia Hoxe e El Correo Gallego publican unha crónica da presentación de A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, en Ourense.

Sinfonía a dúas mans: a magnífica novela «Tonas de laranxa», de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón. Crítica de Xavier Castro

Xavier Castro Rodríguez publica no Galicia hoxe un artigo sobre Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premio Xerais de Novela 2012.

«As voces baixas», de Manuel Rivas, debulla os seus recordos de infancia e adolescencia

Os xornais Galicia Hoxe e El Correo Gallego, así como Diario de Pontevedra e El Progeso publican, a través de Europa Press, unha información sobre As voces baixas, a nova novela de Manuel Rivas.

Artigo de Xosé Lois García sobre «Castelao na Unión Soviética en 1938«, de Xesús Alonso Montero

Xosé Lois García publica en Galicia Hoxe un artigo sobre Castelao na Unión Soviética en 1938, de Xesús Alonso Montero.   Castelao na Unión Soviética en 1938 Encabezo esta columna cun título suxerinte que nos ven do profesor Xesús Alonso Montero, que así titula o seu libro, publicado por Edicións Xerais. Unha investigación moi puntual que faltaba na longa bibliografía de Castelao.

Os Premios Xerais 2012 en crónicas

ACTUALIZADO (12/06/2012). Tanto os medios de comunicación como os blogs e as redes sociais publicaron esta fin de semana numerosas crónicas sobre a cerimonia e fallo dos Premios Xerais 2012 o pasado sábado 9 na Illa de San Simón. Na foto, actuación musical de Xurxo Souto no Auditorio multiusos da Illa de San Simón. Realismo mágico y crónica africana se llevan los Premios Xerais, en El País, por Teresa Cuíña (09/06/2012).

Intriga, achádegos, misterio: «Os fillos do mar», de Pedro Feijoo. Artigo de Xavier Castro Rodríguez

Intriga, achádegos, misterio: «Os fillos do mar», de Pedro Feijoo. Artigo de Xavier Castro Rodríguez

Xavier Castro Rodríguez publica en Galicia Hoxe un artigo sobre Os fillos do mar de Pedro Feijoo.

A intimidade coa terra. Artigo de Xavier Castro sobre «Cita en Fisterra», de Luís Rei Núñez

A intimidade coa terra. Artigo de Xavier Castro sobre «Cita en Fisterra», de Luís Rei Núñez

Xavier Castro Rodríguez publica un artigo de opinión en Galicia Hoxe obre Cita en Fisterra, de Luís Rei Núñez.   Andar a terra cativo da súa cerna A literatura sempre foi permeable á temática e aos tópicos dos camiños percorridos como tránsito, evolución ideolóxica e humana, metáfora.. e todos os xéneros teñen intensificado a esencia da natureza e da paisaxe como trazos inherentes ao camiñante.

A exclusión social en «Fantasmas de luz», de Agustín Fernández Paz. Artigo de Ruth Fernández

Ruth Fernández publicou en Galicia Hoxe un artigo de opinión sobre Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz.   Fantasmas de luz Durante as vacacións de Nadal, recibín no meu fogar a última obra de Agustín Fernández Paz, un agasallo que sempre me produce unha enorme satisfacción cando chega ás miñas mans algunha novidade do seu creador, como ben sabe Agustín. Grazas, de novo.

Presentado o «Dicionario Xurídico Galego», que coordinan Luciano Varela e Xosé Xoán Barreiro

Presentado o «Dicionario Xurídico Galego», que coordinan Luciano Varela e Xosé Xoán Barreiro

Distintos xornais galegos recollen abundante información sobre a presentación onte en Compostela do Dicionario Xurídico Galego, coordinado por Luciano Varela Castro e Xosé Xoán Barreiro Prado, acto que se celebrou na EGAP. A información de El Correo Galego, El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Atlántico e La Región pode vese neste dosier en pdf. Ao tempo, reproducimos a información do xornal Galicia Hoxe.

A novela «Todo é silencio», de Manuel Rivas, convértese en Carnota na película de Cuerda

A novela «Todo é silencio», de Manuel Rivas, convértese en Carnota na película de Cuerda

Alicia G. Arribas publica unha información no Galicia Hoxe sobre a rodaxe, en Carnota, de Todo é silencio, a película de Cuerda baseada na novela de Manuel Rivas.

«Todo é silencio», de Manuel Rivas: a piques de comezar a rodaxe da película de José Luis Cuerda

Nunha semana comezará a rodaxe da película Todo é silencio, baseada na novela de Manuel Rivas, que será dirixida por José Luis Cuerda. Diversos medios, como Xornal de Galicia e Galicia Hoxe informan deste feito. A cinta está protagonizada por Quim Gutiérrez, Miguel Ángel Silvestre, Celia Freijeiro, Juan Diego e Xoque Carvajal.