Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: galicia_hoxe

«Aínda hoxe un home cun comportamento nefasto cara á súa familia pode ser moi ben considerado a nivel público» di M. X. Queizán arredor do seu libro «Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial»

A xornalista M. Dopico dedicoulle esta fin de semana no xornal Galicia Hoxe unha crónica ao libro Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial, de María Xosé Queizán, así como a súa autora.

«A Ribeira Sacra. Guía Práctica», de Manuel Garrido, en Galicia Hoxe e El Correo Gallego

A guía de vixe sobre a Ribeira Sacra, A Ribeira Sacra. Guía Práctica, escrita por Manuel Garrido, ocupou onte a atención dos xornais Galicia Hoxe e El Correo Gallego. A información de El Correo Gallego pode descargarse en pdf.

Artigo de Xavier Castro sobre «Fundación Libélula», de Yashmina Shawki

Xavier Castro Rodríguez publicou en Galicia Hoxe un artigo de opinión sobre o libro Fundación Libélula, de Yashmina Shawki, que se pode descargar en pdf e reproducimos a continuación: Mulleres como libélulas De Yashmina Shawki coñeciamos as colaboracións na prensa escrita e nas ondas radiofónicas sobre asuntos de actualidade e sabiamos do seu labor como narradora grazas á novela en castelán “Kurdos, destino libertad&#

Franquismo e crueldade no 36 na provincia de Pontevedra en «A memoria do esquecemento», de Gonzalo Amoedo

O xornal Galicia Hoxe publicou onte unha ampla noticia sobre A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra, de Gonzalo Amoedo López, publicado na colección Crónica.

Anibal Otero, un fonetista, dialectólogo e lexicógrafo galego que foi secuestrado en Portugal e sufriu a persecución do franquismo

O xornal Galicia Hoxe publica unha información sobre o libro Anibal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero.

Entrevista de Manuel Vidal Villaverde con Gabriel Rei-Doval, autor de «A lingua galega na cidade no seculo XX»

O xornal Galicia hoxe publica unha entrevista de Manuel Vidal Villaverde con Gabriel Rei-Doval, autor de A lingua galega na cidade no século XX. Unha aproximación sociolingüística (Xerais 2007), e coautor do Manual de Ciencias da Linguaxe.

Entrevista a Yashmina Shawki sobre a súa novela «Fundación Libélula»

O xornal Galicia hoxe publicou a pasada fin de semana unha entrevista con Yashmina Shawki, autora de Fundación Libélula, asinada por Vanesa Oliveira baixo o título de «As mulleres libélula», que reproducimos a continuación: AS MULLERES LIBÉLULAS «As revolucións sociais nacen da concienciación da inxustiza, da necesidade de axudar o outro sen esperar nada a cambio» De nai galega e pai kurdo iraquí, Yashmina Shawki naceu en

Dez anos de «Contos por palabras», de Agustín Fernández Paz

O xornal Galicia Hoxe informa de que se cumpren dez anos da publicación de Contos por palabras, de Agustín Fernández Paz, un libro que foi incluído na selección dos Dez títulos imprescin­dibles da Literatura Infantil e Xuvenil española do sécu­lo XX elaborada en 2010. No seu día, Contos por palabras gañou o Premio Lazarillo (1990) e posteriormente foi incluído na Lista de Honra do IBBY.

Artigo de Craig Patterson sobre «Limpeza de sangue», de Rubén Ruibal

O xornal Galicia Hoxe publicou un artigo de opinión de Craig Patterson sobre o libro Limpeza de sangue, de Rubén Ruibal,  que reproducimos integramente: Limpeza de sangue Asistimos o sábado pasado con grande ánimo e ilusión á representación Limpeza de sangue no Teatro Rosalía de Castro na Coruña.

Tintimán, a serie de Jaureguizar, reseñada no Galicia Hoxe

Este pasado domingo o xornal Galicia Hoxe publicou unha ampla noticia sobre a serie Tintimán, de Jaureguizar, que consta xa de dous títulos: Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela e A coroa de Napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña.

Homenaxe a Herminio Barreiro

O Ateno de Compostela celebrou unha concurrida homenaxe ao pedagodo Hermino Barreiro. O autor de Recordar doe, o seu libro de memorias publicado por Xerais, foi lembrado na sala da Fundación Novacaixagalicia de Compostela, nun auditorio ateigado de xente. Herminio Barreiro foi membro do grupo Brais Pinto, así como profesor da Facultade de Ciencias da Educación na Universidade de Santiago.

«Quéroche contar un conto», libro solidario coeditado con Aspanaex

Mar Mato faise eco nas páxinas de Faro de Vigo do acto de presentación de Quéroche contar un conto, o libro solidario coeditado con Aspanaex. Arancha e Raúl teñen un segredo, máis ben, varios. Son capaces de nomealos polas cores que imaxinan como se fosen caramelos de historias. Os dous personaxes non existen, pero poderían ser reais.  O libro Quéroche contar un conto (Xerais) deulles o soplo de vida.