Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: galicia_un pobo_con_futuro?

Modernidade á galega. Artigo de Xosé Ramón Pena sobre «Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico»

O escritor Xosé Ramón Pena publicou no Faro de Vigo un artigo sobre a crise demográfica galega partindo do libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, coordinado por Manuel Blanco Desar. O artigo pode lerse ou descargase nesta ligazón.

González Redoredo: «O sufraxio infantil é un xeito de reforzar o voto dos pais». Entrevista sobre «Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico»

O xornal El Progreso publicou unha entrevista de María Piñeiro a Xosé M. González Reboredo, que hoxe participa na presentación de Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, libro coordinado por Manuel Blanco Desar. A entrevista pode lerse ou descargase nesta ligazón.

Presentación en Lugo de “Galicia: un pobo con futuro?”

O mércores, 17 de decembro, ás 20:00 h., na Librería Biblos, Salvador de Madariaga, 1 Local 4 de Lugo, terá lugar a presentación do libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico en edición de Manuel Blanco Desar e coeditado por Xerais e Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego.

Manuel Blanco Desar: «Se non hai relevo xeracional Galicia mingua e tampouco hai relevo cultural»

Radiofusión emitiu unha entrevista a Manuel Blanco Desar, coordinador do libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico.

A necesidade dunha reflexión plural sobre o futuro demográfico de Galicia

O xornal El correo Gallego publicou  unha reportaxe en torno ao libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, de Manuel Blanco Desar.

A desfeita demográfica de Galicia chama á reflexión: «Galicia: un pobo con futuro?», de Manuel Blanco Desar

Os xornais El Diario de Pontevedra e El Progreso publicaron unha reportaxe sobre o libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, de Manuel Blanco Desar. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novidade: «Galicia: un pobo con futuro?» O noso devalo demográfico

Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, de Manuel Blanco Desar, é un libro que abre o debate demográfico de Galicia. Galicia é o seu pobo. Galicia é un corpo social con personalidade de seu. Se o pobo galego avellenta e torna feble, Galicia tamén o fará.