Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: galileo_no_espello_da_noite

O retrato dun ser humano abatido: «Galileo no espello da noite», de Xabier Paz. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre o libro: Galileo no espello da noite, de Xabier Paz. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.    Galileo no espello da noite, de Xabier Paz Lin con moito pracer Galileo no espello da noite (Xerais 2019), a novela coa que Xabier Paz pecha a súa triloxía renacentista, itálica ou italiana.

Unha novela que nos mergulla na memoria dun dos astrónomos máis célebres da humanidade: «Galileo no espello da noite», de Xabier Paz. Recomendación da libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en CorreoTV, animan á lectura de Galileo no espello da noite, de Xabier Paz, publicado por Xerais na colección Narrativa. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Xabier Paz: «O que máis me apaixonou de Galileo foi a súa capacidade de dedicarse con brillantez a diferentes actividades». Entrevista en «Cíes Podcast» sobre: «Galileo no espello da noite»

Cíes Podcast emitiu unha entrevista con Xabier Paz sobre o libro: Galileo no espello da noite, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 29″.

Un excelente libro que recolle a traxedia que viviu un sabio ameazado pola ignorancia e a intransixencia: «Galileo no espello da noite», de Xabier Paz. Crítica en «Café Barbantia»

O blog Café Barbantia publicou unha anotación de Xerardo AgraFoxo sobre o libro: Galileo no espello da noite, de Xabier Paz. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa.

Un libro sobre Galileo e o seu tempo que vai resultar moi agradecido para ler neste tempo de verán: «Galileo no espello da noite», de Xabier Paz. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Galileo no espello da noite, de Xabier Paz. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Programa de Xerais na Feira do Libro da Coruña 2019

Do 1 ao 11 de agosto terá lugar a Feira do Libro da Coruña na que Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 1 de agosto, xoves 19:00 horas: Presentación de Quokka Moka de María Solar con ilustracións de Víctor Rivas. Participan Víctor Rivas e María Solar. Ao remate sinatura ilustrada. 19:45 horas:  Conversa entre Érica Esmorís, Quen salva un can e Andrea Maceiras, Conta nove estrelas, Premio Lazarillo 2018.

Xabier Paz: «Un dos fíos importantes da vida de Galileo foi a súa relación coas mulleres». Entrevista en «Radiovoz» sobre: «Galileo no espello da noite»

O programa Con voz de, de Radiovoz, emitiu na súa sección: A noite necesaria unha entrevista con Xabier Paz sobre o libro: Galileo no espello da noite, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Xabier Paz: «Unha vez que te asomas ao mundo de Galileo sentes vertixe, pero xa non podes deixar de mirar». Entrevista no «Diario Cultural» sobre: «Galileo no espello da noite»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Xabier Paz sobre o libro: Galileo no espello da noite, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo 2019

Do 27 de xuño ao 6 de xullo, terá lugar, na rúa do Príncipe e na praza da Farola, a Feira do Libro de Vigo 2019 para a que Xerais preparou este completo programa:

Novidade: «Galileo no espello da noite», de Xabier Paz. Unha novela que nos mergulla na memoria dun dos astrónomos máis célebres da humanidade

Galileo no espello da noite, de Xabier Paz, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Galileo, un dos astrónomos máis célebres da humanidade, vese proscrito de vello, condenado polo Santo Oficio. El, que fora filósofo oficial na corte dos Medici e persoa reputada e achegada á curia pontificia, agora está maldito. Desde a vellez, o sabio cavila sobre a súa vida e a súa desgraza.