Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: gálix

Os Premios Xerais 2018, nos medios e na Rede

              Etiquetas Twitter: #PremiosXerais2018 / #premiosxerais TVG, noticia no Telexornal Noite (02-06-2016): Emma Pedreira, Carlos Negro e Héctor Cajaraville gañan os premios Xerais 2018 Faro de Vigo / La Opinión de A Coruña (03-06-2018): Emma Pedreira, Carlos Negro e Héctor Cajaraville gañan os Premios  Xerais 2018 El Correo Gallego (02-06-2018): Emma Pedreira, Carlos Negro y Héctor C

Obra roaldhaliana ata a medula, narrada cunha linguaxe vivaz, lixeira e desenfadada: «A señorita Bubble», de Ledicia Costas. Crítica de Carmen Bar Cendón

A web de GALIX publicou unha recensión de Carmen Bar Cendón sobre a novela A señorita Bubble, de Ledicia Costas, ilustrada por Andrés Meixide.

Paco Martín, Socio de Honra 2017 de Gálix

Hoxe ás 12, o escritor Paco Martín recibe o nomeamento como Socio de Honra 2017 por parte da xunta directiva de GÁLIX.  A entrega do galardón ten lugar no IES Ánxel Fole de Lugo no transcurso dun acto escolar aberto ao público.  O escritor Xabier P. DoCampo será o encargado de realizar a laudatio.

Unha historia de superación persoal que retrata a tradición de estrelas etíopes do atletismo: «Corredora», de María Reimóndez. Crítica de Ana Luna Alonso

A web de GALIX (en galego) e a da OEPLI (en castelán) publican unha recensión de Ana Luna Alonso sobre a novela Corredora, de María Reimóndez.

Helena Villar Janeiro, Socia de Honra 2015 de Galix

A escritora Helena Villar Janeiro será nomeada Socia de Honra 2015 de Galix o vindeiro 9 de decembro. Reproducimos a información da Asociación Galego do Libro Infantil e Xuvenil.   Socia de Honra 2015: Helena Villar Janeiro A xunta directiva de GÁLIX reuniuse en Santiago e, por unanimidade, decidiu nomear Socia de Honra 2015 a Helena Villar Janeiro.

A escritora Fina Casalderrey, nomeada onte socia de honra de Galix

A escritora Fina Casalderrey foi ser nomeada onte Socia de Horna 2013 de GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). O acto tivo lugar no IES Illa de Tambo, de Marín, onde ela exerceu a docencia. Fina Casalderrey é unha das escritoras máis destacadas de literatura infantil e xuvenil actual e acaba de regresar da Feira do Libro de Guadalajara (México).

Anxo Fariña no 25 aniversario do IES de Beade

Con motivo do 25 aniversario do IES de Beade, Gálix organiza un obradoiro de ilustración, impartido por Anxo Fariña, dirixido ao alumnado de primeiro de ESO . O obradoiro terá lugar o mércores, 20 de novembro, entre as 10:20 e as 12:00 horas. O autor da serie «Os Megatoxos» realizará debuxos en directo dos personaxes e sorteará láminas asinadas.

Fina Casalderrey será nomeada Socia de Honra de GALIX

A escritora Fina Casalderrey vai ser nomeada Socia de Horna 2013 de GALIX, segundo informou a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. O acto terá lugar durante o vindeiro mes de decembro. Fina Casalderrey é unha das escritoras máis destacadas de literatura infantil e xuvenil. En anos anteriores recoñecéronse as traxectorias dos escritores Xosé Neira Vilas e de Agustín Fernández Paz.

Agustín Fernández Paz foi nomeado onte Socio de Honra de GALIX

O escritor Agustín Fernández Paz foi nomeado onte en Vigo Socio de Honra de GALIX. Enlazamos en pdf a información que publica o xornal El Progreso de Lugo e  reproducimos a de Manuel Bragado en Brétemas e a de Aghata de Santos en Faro de Vigo.   Crenza na luz Excelente foi a laudatio que Paz Raña pronunciou con motivo do nomeamento oficial de Agustín Fernández Paz como socio de honra de Gálix 2012.

GALIX anuncia que nomeará a Agustín Fernández Paz socio de honra da asociación

GALIX, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil anuncioulles hoxe aos seus socios que procederá a nomear ao escritor Agustín Fernández Paz socio de honra: «Un ano máis, e como xa fixemos o anterior, imos proceder á distinción de socio de honra de GALIX dun membro da nosa asociación cuxos méritos sexan indiscutibles e sobrados.

Montse Pena Presas recomenda a «Guía ilustrada da Galicia invisible», de Antonio Reigosa

O blog de GALIX publica a recomendación que Montse Pena Presas fixo en Onda Cero Pontevedra do libro Guía ilustrada da Galicia invisible, de Antonio Reigosa. Cada martes, no programa “Pontevedra na Onda” de Onda Cero Pontevedra, GÁLIX recomenda unha obra infantil e xuvenil por volta das 13.30 h.

«Os reloxos preguiceiros da néboa», de Xavier Lama, selo de calidade de Gálix

Os reloxos preguiceiros da néboa, de Xavier Lama, foi recoñecido co selo de calidade de Gálix. V Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2010 Os reloxos preguiceiros da cidade de Néboa deixaron de calcular o tempo. Este suceso desorienta aos habitantes da cidade onde unha brétema constante case non deixa ver o sol.