Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: gallimard

“Todo é silencio” de Manuel Rivas será publicada en inglés e francés

Todo é silencio, a máis recente novela de Manuel Rivas,  será publicada en francés pola editorial Gallimard e en inglés por Harvill Secker, selo de Random House. Nesta mesma editorial publicouse, no pasado mes de febreiro, a edición de peto d´ Os libros arden mal ( Books Burn Badly) na Colección Vintage, logo da gran acollida da edición en tapa dura aparecida hai un ano.

«Os libros arden mal», extraordinaria crítica en «Le Monde»

«Os libros arden mal», extraordinaria crítica en «Le Monde»

A edición francesa da novela de Manuel Rivas Os libros arden mal continúa recibindo unha extraordinaria acollida, velaía recente crítica nas páxinas literarias de Le Monde.

Manuel Rivas segue recollendo éxitos en Francia

Manuel Rivas segue recollendo éxitos en Francia

Manuel Rivas presentou onte na libraría Ombres Blanches de Toulouse a edición en francés de Os libros arden mal, L’éclat dans l’abîme, publicado na prestixiosa editorial Gallimard. Rivas falou da súa obra, do seu último libro e de súa concepción da literatura e os lazos entre xéneros literarios ante o numeroso público asistente, e evocou os seus inicios no mundo xornalístico….

«Les feux de La Corogne», entrevista de Liberation a Manuel Rivas

O xornalista de Liberation Philippe Lançon viaxou á Coruña para entrevistar a Manuel Rivas con motivo da aparición en frances d’ Os libros arden mal. Recomendamos a longa entrevista, que constitúe un dos fitos máis salientables da presenza dun autor galego nun medio internacional.

«Os libros arden mal», finalista do Premio Medicis

«Os libros arden mal», finalista do Premio Medicis

A edición francesa d’ Os libros arden mal atópase entre as obras finalistas que optan ao Premio Medicis, o máis importante da edición francesa, xunto ao Goncourt. Rivas, incluído no apartado de Literatura estranxeira, comparte deste xeito nómina de finalistas con autores como Richard Ford, Don De Dillo, Ian MaCwan ou Sasa Stanisic.

“Os libros arden mal”, edición en Gallimard

“Os libros arden mal”, edición en Gallimard

Les editions Gallimard publicarán neste mes de setembro  L’ eclat dans l’ abîme. Mémoires d’ un autodafé, a edición francesa d’ Os libros arden mal, a aclamada novela de Manuel Rivas. Reproducimos a presentación editorial da obra: Huit ans après Le Crayon du charpentier, voici le nouveau roman de Manuel Rivas, sans doute la plus riche et la plus vaste fresque qu’il nous ait donnée sur la Galice.