Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: gastronomía

Iago López: «O do cociñeiro Martiño é un conto colaborativo: ten un problema e a xente do seu redor bótalle unha man»

O Faro de Vigo publicou unha entrevista de Tino Hermida a Iago López, autor do álbum ilustrado O cociñeiro Martiño. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Un conto acumulativo e fresco marcado pola solidariedade: «O cociñeiro Martiño», de Iago López e Macus Romero. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica do álbum ilustrado O cociñeiro Martiño, de Iago López e Macus Romero. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Álbum divertido e acumulativo centrado na cociña: «O cociñeiro Martiño», de Iago López e Macus Romero. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o álbum ilustrado O cociñeiro Martiño, de Iago López e Macus Romero.   O cociñeiro Martiño Iago López e Macus Romero constrúen en O cociñeiro Martiño publicado por Xerais un álbum divertido que segue o procedemento acumulativo para convertérmonos en saborosos cociñeiros e pillabáns cidadáns.

Novidade: «O cociñeiro Martiño», de Iago López e Macus Romero. Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida!

O cociñeiro Martiño, de Iago López e Macus Romero é unha novidade en álbum ilustrado para este verán. No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha persoa que saiba guisar, asar e cocer para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións… Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero antes debe conseguir os ingredientes que precisa.

«Sete Caveiras», de Elena Gallego, e a gastronomía na Taberna do Pirata

O blog de María Bragado Paz publica unha anotación titulada «Cociña con cogomelos na Taberna do Pirata» na que aborda as referencias gastronómicas na novela novela Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad.   Cociña con cogomelos na Taberna do Pirata En Sete Caveiras, a novela de Elena Gallego protagonizada pola xornalista Marta Vilas, hai un peso importante para as referencias gastronómicas.

Matilde Felpeto: «Estas 67 receitas son as máis habituais para preparar o polbo en Galicia». Entrevista na Radio Galega

O programa Somos quen da Radio Galega emitiu unha entrevista con  Matilde Felpeto Lago sobre o seu libro O polbo e a súa cociña.