Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: gloria_sánchez

«Matapitos.com», de Gloria Sánchez, no blog Escritoras de Literatura Infantil e Xuvenil

O blog Escritoras de Literatura Infantil e Xuvenil publicou unha anotación sobre o libro Matapitos.com de Gloria Sánchez. Noutra anotación dan a coñecer, ademais, unha proposta didáctica sobre o libro que se pode consultar nesta ligazón. A anotación sobre o libro pode lerse ou consultarse nesta ligazón.

«Florentino, o príncipe Quino», de Gloria Sánchez, na sección Un libro para cada día

Florentino, o príncipe Quino, de Gloria Sánchez, aparece  hoxe sección «Un libro para cada día», de A Nosa Terra. Reproducímolo integramente: Gloria Sánchez e o príncipe marrau Redacción .  ‘Florentino, o príncipe Quino’, de Gloria Sánchez, con ilustracións de Xan López Domínguez, é un conto moi porco con algunhas moscas convidadas. Edita Xerais.

Crítica de «Florentino, o príncipe Quino», de Gloria Sánchez, no blog Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis inclúe unha recensión crítica sobre Florentino, o príncipe Quino, de Gloria Sánchez, ilustrado por Xan López Domínguez. Reproducímolo a continuación: Divertida “cochinada” a que propón Xerais con Florentino, o príncipe Quino de Gloria Sánchez con ilustracións de Xan López Domínguez.

Crítica de María Navarro sobre «Florentino, o príncipe Quino», de Gloria Sánchez

O Faro da Cultura, de Faro de Vigo, inclúe unha crítica de María Navarro sobre Florentino, o príncipe Quino, de Gloria Sánchez, que reproducimos a continuación: De animais Atmosfera de contravaloración O proceso físico que asegura que os corpos con cargas distintas se atraen preséntase neste conto, que a Editorial Xerais vén de publicar na colección “Merlín”, como unha teoría que, ás veces,prende nos seres vivos.

Ramón Nicolás comenta as novidades de Xerais

O crítico Ramón Nicolás comenta hoxe as últimas novidades de Xerais no seu blog Caderno da crítica. Reproducimos a continuación o texto: Comeza o novo ano Edicións Xerais de Galicia cun mangado de novidades en diversas coleccións das que cumprirá ir dando conta máis polo miúdo de  aquí en diante.

Gloria Sánchez será homenaxeada no Salón do Libro de Pontevedra

A escritora Gloria Sánchez será homenaxeada no Salón do Libro de Pontevedra deste ano 2011 que estará dedicado á «mentira» como tema central. Gloria Sánchez e a súa renovadora obra literaria converteranse na figura nuclear do evento, cunha exposición que se centrará na súa biografía e nos seus libros e outras actividades. Ela mesma, ademais, ofrecerá unha conferencia ao público do Salón.

«Florentino, o príncipe Quino», novo libro de Gloria Sánchez

Estes días chegou ás librerías Florentino, o príncipe Quino, o novo libro de Gloria Sánchez que Xerais publica en formato álbum na colección Merlín, ilustrado por Xan López Domínguez. Nun país habitado por corrichos, o máis porcallán de todos eles era Martiño, o rei.

XXV Premios Merlín

Foto conmemorativa da XXVª edición do Premio Merlín. Illa de san Simón, 12 de xuño de 2010. Algúns dos autores e autoras que obtiveron o Premio Merlín.

Os premios Xerais 2010 en directo por Blogaliza.tv, o sábado a partir das 19:00 horas

Os premios Xerais 2010 en directo por Blogaliza.tv, o sábado a partir das 19:00 horas

O sábado, 12 de xuño, a partir das 19:00 horas, Blogaliza.tv transmitirá en directo a cerimonia de entrega dos Premios Xerais 2010 que dende hai seis anos se celebran na illa de San Simón. No acto, que durará arredor dunha hora, intervirá a escritora Fina Casalderrey como mantedora literaria e os «Alegres da Buraca» no apartado musical.

Finalistas dos Premios Xerais 2010

Reunido hoxe, 4 de xuño de 2010, no castelo de Soutomaior o xurado da XXVII edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.

Premios Xerais 2010, composición do xurado

Edicións Xerais de Galicia, unha vez pechado o prazo de admisión de orixinais dos seus premios literarios 2010, nomeou aos membros dos dous xurados. O xurado da XXVII edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.