Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: grial

Unha narración ambiciosa e ben documentada que logra atrapar ao lector e manter a tensión ata o final: «O exército de fume», de Manuel Gago. Crítica na revista Grial

Grial, a revista galega de cultura, publicou unha anotación de Patricia Arias Chachero sobre a novela: O exército de fume, de Manuel Gago. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A anotación pode lerse ou descargarse en formato PDF nestas ligazóns. - O exército de fume Grial 1. - O exército de fume Grial 2.

A capacidade de colocarnos nun camiño que procura respostas non acostumadas: «Non hai outro camiño», de Isaac Xubín. Crítica na revista Grial

Grial, a revista galega de cultura, publicou unha recensión crítica de Ana Salgado sobre o libro: Non hai outro camiño, de Isaac Xubín. O libro gañou o Premio da Crítica Española (en lingua galega), 2016, e está publicado por Xerais na colección Narrativa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Arquitectura teatral e talento rotundos: Suite Artabria», de Manuel Lourenzo. Crítica de Henrique Rabuñal

O escritor Henrique Rabuñal recolle no seu blog unha recensión que publicou no número 216 da revista Grial sobre o libro Suite Artabria, de Manuel Lourenzo, Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2016.   O premio Álvaro Cunqueiro de Teatro 2016.

Unha novela de recordanza homérica: «Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro», de Xosé Mª Lema. Crítica de Pepe Carballude

O escritor Pepe Carballude publicou na revista Grial nº 125 unha crítica literaria sobre a novela Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro, de Xosé Mª Lema. O autor da novela reprodúcea no seu blog.   Costa do Solpor, unha novela de recordanza homérica     O verán é tempo de gozar da familia, dos amigos, lo lecer, das festas e tamén da lectura vagarosa.

Retrato do rural galego nunha época cambiante: «O anxo negro» de Manuel Gago. Crítica de X. A. López Silva

Xosé Antonio López Silva publicou na revista Grial unha recensión crítica sobre a novela O anxo negro, de Manuel Gago. A novela pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novela brillante: «O espello do mundo», de Ramón Nicolás. Crítica de Henrique Rabuñal en Grial

O escritor Henrique Rabuñal publicou na revista Grial unha recensión crítica sobre a novela O espello do mundo, de Ramón Nicolás.   O espello do mundo Ramón Nicolás compartira connosco as páxinas de Muralla de Crescornio (1989) onde publicara “Ricardo G. Greenfield”.

Novos modelos nas relacións de xénero: «Masculino singular», de Carlos Negro. Crítica de Miro Villar en Grial

O escritor Miro Villar reproduciu no seu blog  unha recensión crítica que publicou na revista Grial sobre o libro de poemas Masculino singular, de Carlos Negro.

Escrutar os mecanismos do poder: «O bosque é grande e profundo», de Manuel Darriba. Crítica de Ana Salgado

A revista Grial, que edita Galaxia, publicou unha recensión crítica de Ana Salgado sobre a novela O bosque é grande e profundo, de Manuel Darriba.   Natureza, sincronía, cultura Unha primeira forma de ler O bosque é grande e profundo podería ser aquela que se deixe levar pola tensión formal, por un fluír de palabras ermas.

Cando a poesía xorde dun estado de desolación absoluta: «Raíz da fenda», de Berta Dávila. Crítica de Antía Marante Arias

A revista Grial, que edita Galaxia, publicou unha recensión crítica de Antía Marante Arias sobre o poemario Raíz da fenda, de Berta Dávila.

Pedro Feijoo volve deixarnos sen folgos: «A memoria da choiva». Crítica de Dolores Vilavedra

A revista Grial, que edita Galaxia, publicou unha recensión crítica de Dolores Vilavedra sobre A memoria da choiva, de Pedro Feijoo.   Rosalía motor de fabulación Tiña que ser así, non podía acontecer doutro xeito: foi un outsider, desprexuizado e coa dose xusta de insolencia, quen se achegou a ela para descubrir o seu potencial como motor de fabulación.

Unha boa proposta literaria, orixinal e capaz de seducir: «Costa do Solpor», de Xosé Mª Lema. Crítica de Gracia Santorum

Gracia Santorum recolle no seu blog, Trafegando ronseis, unha recensión crítica da novela Costa do Solpor de Xosé Mª Lema, publicada na revista Grial.     Costa do Solpor Non buscabamos até agora a Xosé María Lema na lista dos nosos escritores de ficción.

Unha lectura áxil e pracenteira: «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro», de Ramón Nicolás. Crítica en Grial

O escritor e crítico Miro Villar recolle no seu blog As crebas unha recensión crítica sobre Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás, publicada na revista Grial.   Un retrato lonxe da haxiografía «El objectivo de una biografía es construír una especie de esquema interpretativo, siempre parcial (…) Es un género literario difícil».