Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: historia_da_bicicleta_dun_home_lagarto

Unha historia con lirismo: «Historia da bicicleta dun home lagarto», de Fina Casalderrey. Anotación en Redelectura

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou unha anotación sobre Historia da bicicleta dun home lagarto, de Fina Casalderrey.   Libros que andan polas bibliotecas Historia da bicicleta dun home lagarto de Fina Casalderrey e con ilustracións de Laura Súa Campo. Ilustracións con moito movemento e moita línea curva, ás veces cun aire que lembra aos debuxos doutra época. Desa época é o relato.

Literatura sen adxectivos: Fina Casalderrey e Fran Alonso. Anotación de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre Historia da bicicleta dun home lagarto, de Fina Casalderrey e sobre Silencio, de Fran Alonso.   LITERATURA SEN ADXECTIVOS: FINA CASALDERREY E FRAN ALONSO Acabo de ler dous libros que me encantaron. Dous libros de dúas persoas que quero e admiro: Fina Casalderrey e Fran Alonso.

Unha historia chea de lirismo: «Historia da bicicleta dun home lagarto», de Fina Casalderrey. Anotación en Redelectura

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares publica unha anotación sobre Historia da bicicleta dun home lagarto, de Fina Casalderrey.   Historia da bicicleta dun home lagarto de Fina Casalderrey con ilustracións de Laura Súa Campos; unhas imaxes con moito movemento e liñas curvas que nos traen o aire dunha época que coñecemos a través das postais.

Contar con extrema delicadeza: «Historia da bicicleta dun home lagarto», de Fina Casalderrey. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Historia da bicicleta dun home lagarto, de Fina Casalderrey. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Memoria histórica, lirismo e linguaxe rica: «Historia da bicicleta dun home lagarto», de Fina Casalderrey. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Historia da bicicleta dun home lagarto, de Fina Casalderrey.

Trama de poderosísimo sentimento: «Historia da bicicleta dun home lagarto», de Fina Casalderrey. Crítica de Armando Requeixo

A revista Criaturas publicou unha recensión crítica de Armando Requeixo sobre Historia da bicicleta dun home lagarto, de Fina Casalderrey. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

A emotividade do auténtico: «Historia da bicicleta dun home lagarto», de Final Casalderrey. Crítica de Berta Dávila

Berta Dávila publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica sobre Historia da bicicleta dun home lagarto, de Fina Casalderrey. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Fina Casalderrey: «Desexaba escribir unha historia de sabor rico, como se lle supón a unha torta»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Fina Casalderrey sobre  Historia da bicicleta dun home lagarto. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

A forza da palabra: «Historia da bicicleta dun home lagarto», de Fina Casalderrey. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre Historia da bicicleta dun home lagarto, de Fina Casalderrey que tamén recolle no seu blog. A forza da palabra Nunca defrauda un libro de Fina Casalderrey. Cada unha das súas publicacións é coma unha desas caricias que te produce o contacto en vivo coa autora. Caricias da palabra, pero tamén palabras con forza.

Miguel Suárez Abel: «Todos os libros de Fina Casalderrey son intelixentes, inocentes, teñen humor e amosan a nosa infancia»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro Historia da bicicleta dun home lagarto, de Fina Casalderrey, ilustrado por Laura Súa Campo.   Debuxar a felicidade Memorable foi onte a presentación organizada polo Ateneo de Pontevedra no salón de actos do Museo de Pontevedra de Historia da bicicleta dun home lagarto, o libro máis recente da escritora Fina Casalderrey.

Presentación en Pontevedra de “Historia da bicicleta dun home lagarto” de Fina Casalderrey

O xoves, 27 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevera, rúa Amoedo Carballo 3, terá lugar a presentación do libro Historia da bicicleta dun home lagarto de Fina Casalderrey. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra e Xerais,  intervirán Miguel Suárez Abel (escritor), Manuel Bragado (director de Xerais), Óscar Ibáñez (gaiteiro) e Fina Casalderrey.

O home que sobe aos postes: «Historia da bicicleta dun home lagarto», de Final Casalderrey

Xesús Fraga publicou en La Voz de Galicia unha recensión sobre  Historia da bicicleta dun home lagarto, de Fina Casalderrey, ilustrado por Laura Súa Campo, A recensión pode lerse ou descargarse neste enlace.