Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: historia_da_literatura_infantil_e_xuvenil_galega

A «Historia da literatura Infantil e Xuvenil Galega», coordinada por Blanca Ana Roig Rechou, recibe o Premio da Crítica no apartado de Investigación

O libro Historia da literatura Infantil e Xuvenil Galega, coordinado por Blanca Ana Roig Rechou e elaborado por un equipo de investigación formado por Eulalia Agrelo Costas, Pilar Bendoiro Mariño, Mar Fernández Vázquez, Carmen Ferreira Boo, Isabel Mociño González, Marta Neira Rodríguez e Mª Isabel Soto foi galardoado o pasádo sábado como Premio da Crítica Galicia na modalidade de Investigación.

Obras finalistas dos Premios Gala do Libro Galego 2016

Esta fin de semana déronse a coñecer as obras finalistas dos Premios Gala do Libro Galego 2016, convocados conxuntamente, por primeira vez, pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia. Xerais está representada por un importante número de obras.   Obras finalistas do Premios Gala do Libro Galego 2016 Ensaio Carlos Maside.

Os Premios Fervenzas Literarias 2015 recoñecen obras e autores/as de Xerais en nove categorías

A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos lectores/as do portal a través de votación web. Esta é unha interesante iniciativa que se abre á participación e á opinión dos lectores e lectoras, aos que agradecemos os resultados obtidos polos libros publicados pola editorial.

Efectividade e exhaustividade: «Historia da literatura Infantil e Xuvenil Galega». Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro Historia da literatura Infantil e Xuvenil Galega, libro coordinado por Blanca Ana Roig Rechou.   Para coñecer a nosa LIX  Cubrir lagoas é sempre necesario e se se fai con efectividade e exhaustividade o resultado ha ser meritorio.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Rianxo

Do 23 ao 26 de xullo terá lugar a Feira do Libro de Rianxo na que Xerais organiza os actos: 23 de xullo Ás 20:30 horas, presentación de Un animal chamado néboa de Ledicia Costas Ás 21:oo horas, presentación de Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, coord.

Libro que marca un antes e un despois: «Historia da literatura Infantil e Xuvenil Galega». Crítica de Pilar Ponte

O Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Pilar Ponte sobre Historia da literatura Infantil e Xuvenil Galega, libro coordinado por Blanca Ana Roig Rechou. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Imprescindible e admirable: «Historia da literatura Infantil e Xuvenil Galega». Crítica de Sara Reis da Silva

O xornal El Correo Gallego publicou unha recensión de Sara Reis da Silva sobre Historia da literatura Infantil e Xuvenil Galega, libro coordinado por Blanca Ana Roig Rechou. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Unha obra de grande alento: «Historia da literatura Infantil e Xuvenil Galega». Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo abordou na sección Radiocrítica de Ames Radio o comentario crítico sobre Historia da literatura Infantil e Xuvenil Galega, libro coordinado por Blanca Ana Roig Rechou (15:10).

«Historia da literatura Infantil e Xuvenil Galega», coordinado por Blanca Ana Roig Rechou, entre os libros máis valorados do mes

Historia da literatura Infantil e Xuvenil Galega, libro coordinado por Blanca Ana Roig Rechou, está entre os libros máis recomendados do mes na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, deArmando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Blanca-Ana Roig Rechou: «É preciso revisfar o criterio co que se lles recomendan os libros aos rapaces»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Blanca-Ana Roig Rechou, coordinadora da Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.