Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: historia_de_ourense

No pasamento de Marcos Valcárcel

A dirección e o cadro de persoal de Xerais expresa as súas condolencias polo pasamento de Marcos Válcarcel. Autor dunha importante obra de investigación nos eidos da historia, a literatura e o xornalismo, Marcos Valcárcel colaborou xenerosamente con Xerais ao longo de dúas décadas, tanto como autor de libros tan importantes como Historia de Ourense ou Xaquín Lourenzo.

Finalistas premios AELG2008

Déronse a coñecer hoxe as obras finalistas dos premios AELG as mellores obras literarias do pasado ano 2008. En case todas as categorías son numerosas as obras editadas pola editorial.  Os membros da AELG poderán emitir o seu voto ata o 5 de maio. Literatura infanto-xuvenil (Aelg-Gálix): 1. A Cabeza de Medusa, Marilar Aleixandre 2. Caderno de animalista, Antón Fortes Torres 3. Fume, Antón Fortes Torres 4.

«Historia de Ourense», crítica no «Faro da Cultura»

«Historia de Ourense», crítica no «Faro da Cultura»

Xosé Antonio López Teixeira publica no «Faro da Cultura» unha crítica sobre a Historia de Ourense de Marcos Valcárcel.

«Historia de Ourense», presentación

[youtube=https://www.youtube.com/watch?v=w8ZKM6rAppw] Tele Miño emitiu esta noticia sobre a presentación de Historia de Ourense e a homenaxe posterior a Marcos Valcárcel.

«Historia de Ourense» en «Culturas»

«Historia de Ourense» en «Culturas»

Ramón Nicolás publicou o pasado 29 de novembro nos suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, coincidindo coa homenaxe a Marcos Valcárcel esta crítica da súa Historia de Ourense.

Marcos Valcárcel, presentación e homenaxe

Marcos Valcárcel, presentación e homenaxe

O sábado 29, ás 19:00 horas, nas instalacións do Liceo de Ourense (Lamas Carvajal 5) presentarase Historia de Ourense o máis recente libro de Marcos Valcárcel. O acto contará coa intervención de Francisco Rodríguez Fernández (alcalde de Ourense), Alfonso Vázquez Monxardín, Manuel Bragado e o autor.

«Historia de Ourense», novo libro de Marcos Valcárcel

«Historia de Ourense», novo libro de Marcos Valcárcel

Acaban de chegar do prelo os primeiros exemplares de Historia de Ourense, o novo libro de Marcos Valcárcel. O libro será presentado o sábado, 29 de novembro, ás 19:00 horas no Liceo de Ourense. A continuación, ás 21:00 horas no restaurante San Miguel celebrarase unha cea-homenaxe de recoñecemento de todos os amigos e amigas ao infatigable labor de Marcos a prol da cultura de noso.