Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: homenaxe

Esta tarde celébrase unha homenaxe da ATG a Valentín Arias

A Asociación de Tradutores Galegos celebra esta tarde en Vigo unha homenaxe a Valentín Arias que terá lugar ás 20 horas no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (Rúa Concepción Arenal 8). O acto será presentado por Rexina Vega e nel intervendrán Xosé María Gómez Clemente, Antía Cal, Avelino Pousa Antelo, Lois Arias Castaño, Xosé Manuel Beiras, Víctor F.

Homenaxe a Lois Pereiro no Incio

O 30 de abril, sábado, celebrarase un acto homenaxe ao recordo de Lois Pereiro no Incio. Un roteiro entre a casa dos avós paternos, en Reádigos, e a dos avos maternos en Santa Cristiña do Viso, un camiño que facía todos os veráns de neno e agora se repetirá con acompañamento musical e facendo algunha parada para ler textos da súa autoría, elixidos polos propios participantes.

Gloria Sánchez será homenaxeada no Salón do Libro de Pontevedra

A escritora Gloria Sánchez será homenaxeada no Salón do Libro de Pontevedra deste ano 2011 que estará dedicado á «mentira» como tema central. Gloria Sánchez e a súa renovadora obra literaria converteranse na figura nuclear do evento, cunha exposición que se centrará na súa biografía e nos seus libros e outras actividades. Ela mesma, ademais, ofrecerá unha conferencia ao público do Salón.

Homenaxe de despedida a Herminio Barreiro nun acto cívico en Sisán

Hoxe, ás cinco da tarde, celebrarase unha homenaxe civil en Sisán, Ribadumia, ao profesor e pedagogo Herminio Barreiro, falecido o pasado sábado en Compostela.