Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: iago_lópez

Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo 2018

Do xoves 28 de xuño ao sábado 7 de xullo, terá lugar, na Porta do Sol, a Feira do Libro de Vigo 2018 e na que Xerais ten organizados os actos seguintes: Martes  3 de xullo de 2018  19:00 h Contacontos infantil a cargo de Iago López, autor de O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas. Ao remate asinará exemplares do libro. 19:00 h Jorge Lamas asinará exemplares do seu libro Historias de Vigo.

O álbum «O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas», escrito por Iago López e ilustrado por Macus Romero, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao álbum ilustrado O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas, de Iago López , ilustrado por Macus Romero. O programa pode verse nesta ligazón.

Novidade: «O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas», de Iago López, ilustrado por Macus Romero

O álbum infantil Novidade: O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas, de Iago López , ilustrado por Macus Romero é unha novidade de Xerais. Hoxe celébrase a festa de aniversario do rei e o cociñeiro Martiño quere preparar a súa mellor torta de cenoria. Mais cando chega á horta… as cenorias desapareceron! Martiño vai necesitar moita axuda para que a torta chegue a tempo ao festexo.

«Esmeraldina, a pequena defunta», «Marcopola 4. Avoa power» e «O cociñeiro Martiño» encabezan os libros máis vendidos nas categorías de Infantil, Banda Deseñada e Álbum Ilustrado

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante os meses de febreiro e marzo a partir da información proporcionada por 10 librarías galegas. A categoría infantil continúa encabezada por Ledicia Costas, con Esmeraldina, a pequena defunta.

Iago López: «O do cociñeiro Martiño é un conto colaborativo: ten un problema e a xente do seu redor bótalle unha man»

O Faro de Vigo publicou unha entrevista de Tino Hermida a Iago López, autor do álbum ilustrado O cociñeiro Martiño. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Os máis vendidos: libros de Ledicia Costas, Dolores Redondo, Jacobo Fernández Serrano e Iago López

  Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante os meses de decembro e xaneiro a partir da información proporcionada por 12 librarías galegas. A novela gañadora do último Premio Planeta, Todo isto che darei, de Dolores Redondo encabeza a lista dos libros máis vendidos na categoría de Narrativa.

Contacontos na Coruña de “O cociñeiro Martiño” de Iago López

O sábado, 26 de novembro, ás 12:00 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar a sesión de contacontos a cargo de Iago López sobre o seu libro O cociñeiro Martiño.

Contacontos en Ourense sobre o libro “O Cociñeiro Martiño”

O venres, 25 de novembro, ás 19:00 horas, na Librería CYC, rúa Florentino L. Cuevillas, 10 (esquina Sáenz-Diez), en Ourense, terá lugar a sesión de contacontos a cargo de Iago López sobre o seu libro O cociñeiro Martiño.

Un conto acumulativo e fresco marcado pola solidariedade: «O cociñeiro Martiño», de Iago López e Macus Romero. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica do álbum ilustrado O cociñeiro Martiño, de Iago López e Macus Romero. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Álbum divertido e acumulativo centrado na cociña: «O cociñeiro Martiño», de Iago López e Macus Romero. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o álbum ilustrado O cociñeiro Martiño, de Iago López e Macus Romero.   O cociñeiro Martiño Iago López e Macus Romero constrúen en O cociñeiro Martiño publicado por Xerais un álbum divertido que segue o procedemento acumulativo para convertérmonos en saborosos cociñeiros e pillabáns cidadáns.

Novidade: «O cociñeiro Martiño», de Iago López e Macus Romero. Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida!

O cociñeiro Martiño, de Iago López e Macus Romero é unha novidade en álbum ilustrado para este verán. No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha persoa que saiba guisar, asar e cocer para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións… Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero antes debe conseguir os ingredientes que precisa.