Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: ibby

Entrega do diploma da «Lista de Honra do IBBY 2018» a «Lendo lendas, digo versos», de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa

O libro Lendo lendas, digo versos de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa, con ilustracións de Xosé Cobas, recibiu o diploma que acredita a súa inclusión na Lista de Honra do IBBY no ano 2018. O acto de entrega tivo lugar no marco do 36º Congreso Mundial do IBBY, celebrado en Atenas do 30 de agosto ao 1 de setembro pasados.

«Recinto Gris», de Ledicia Costas, escollida para formar parte dos mellores libros do mundo para rapaces e rapazas con discapacidade

A novela Recinto Gris, de Ledicia Costas acaba de ser escollida  para formar parte da colección dos mellores libros do mundo para rapaces e rapazas con discapacidade, dentro da IBBY Collection 2015 Collection of Books for Young People with Disabilities. O libro será incluído no Catálogo que se presentará en roda de prensa o 30 de marzo de 2015 na Feira Internacional do Libro de Bologna “Bologna Children’s Book, 2015”.

Agustín Fernández Paz candidato ao Premio Andersen

Agustín Fernández Paz candidato ao Premio Andersen

Gálix anunciou hoxe o nomeamento do escritor Agustín Fernández Paz como candidato da OEPLI ao Premio Andersen. Este premio, convocado polo IBBY, está considerado como o auténtico nóbel da Literatura infantil e xuvenil, razón pola que esta candidatura constitúe, xa en si mesma, outro importante recoñecemento para o autor de Contos por palabras.

Hoxe comeza o congreso do IBBY

A partir de hoxe, e baixo o lema «A forza das minorías», Santiago de Compostela acollerá o 32º Congreso do IBBY (International Board on Books for Young People), que reunirá a 600 persoas de todo o mundo relacionadas co traballo da creación, edición e difusión da literatura infantil e xuvenil. Trátase do evento literarario de maior envergadura mundial no ámbito da literatura infantil e xuvenil.

«O único que queda é o amor» e «A noite do risón» incluídos na Lista de Honra do IBBY 2010

Forest Zhang, director de Administración do IBBY, comunicou a editorial a inclusión na Lista de Honra do IBBY 2010 d’ O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz e d’ A noite d’ O Risón de Gonzalo Moure pola calidade da tradución realizada por Ignacio Chao. Ambos os dous títulos foron publicados a finais do ano 2007 na colección xuvenil ilustrada.