Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: ies_de_silleda

«Penúltimas tendencias», de Carlos Negro: Máis de 50 opinións dos estudantes do IES de Silleda

Gracia Santorum publicou no blog As estelas dos ronseis máis de 50 opinións dos seus alumnos e alumnas sobre o poemario Penúltimas tendencias, de Carlos Negro, publicado na colección Fóra de Xogo. As opinións dos/as estudantes poden lerse neste enlace.

Carlos Negro: «A presión fai que as nenas queiran ser princesas e, cando pasan á adolescencia, top models»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Salomé Soutelo con Carlos Negro a raíz da presentación de Penúltimas tendencias en Lalín. Así mesmo, o blog Trafegando ronseis tamén publicou unha anotación sobre os traballos dos alumnos e alumnas do IES de Silleda arredor do libro Penúltimas tendencias e da visita do escritor de Carlos Negro.

Suso de Toro: «Puiden escribir os libros que quixen». Entrevista en Telecolmeiro

O blog Trafegando ronseis publicou unha entrevista en vídeo a Suso de Toro feita por dúas estudantes do IES de Silleda para Telecolmeiro.

Moi recomendable: «Penúltimas tendencias», de Carlos Negro. A opinión da estudante Helena Pereiras Vilamayor

O blog As estelas dos ronseis, do IES de Silleda, reproduce a opinión da estudante Helena PereirasVilamayor sobre Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.   Penúltimas tendencias Este libro é o primeiro de poesía que leo, e Carlos Negro cambiou a miña opinión sobre este xénero literario.

Os libros de Manuel Rivas: 100 opinións dos estudantes do IES de Silleda

Gracia Santorum publicou en As estelas dos ronseis máis de 100 opinións dos seus alumnos e alumnas sobre diversos libros de Manuel Rivas lidos ao longo dun trimestre. As opinións dos/as estudantes poden lerse neste enlace.

Os libros de Suso de Toro: opinións dos estudantes do IES de Silleda

Gracia Santorum publicou en As estelas dos ronseis máis de 70 opinións dos seus alumnos e alumnas sobre diversos libros de Suso de Toro lidos ao longo dun trimestre. As opinións dos/as estudantes poden lerse neste enlace.

Un libro que rompe os silencios: «Penúltimas tendencias», de Carlos Negro. A opinión da estudante Denise Varela

O blog As estelas dos ronseis, do IES de Silleda, reproduce a opinión da estudante Denise Varela sobre Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.   Penúltimas tendencias Libros que rompen as barreiras e os silencios, que se atreven a dicir as verdades da nosa sociedade, que che fan rir e ao mesmo tempo que che fagan pensar. Penúltimas tendencias de Carlos Negro é un libro realmente excelente.

Unha das novelas que te namora: «O corazón de Xúpiter», de Ledicia Costas. A opinión da estudante Aida Vilariño

Unha das novelas que te namora: «O corazón de Xúpiter», de Ledicia Costas. A opinión da estudante Aida Vilariño

O blog As estelas dos ronseis, do IES de Silleda, reproduce a opinión da estudante Aida Vilariño sobre a novela O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas.   O corazón de Xúpiter Para Isla foi moi difícil mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por pasar horas mirando os planetas a través do telescopio. Casiopea era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba  a miúdo.

Fantástico libro: «O corazón de Xúpiter», de Ledicia Costas. A opinión da estudante Laura Presas

O blog As estelas dos ronseis, do IES de Silleda, reproduce a opinión da estudante Laura Presas Mato sobre a novela O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas.   O corazón de Xúpiter Este é un fantástico libro, no máis sincero comentario encantoume. Trata sobre unha rapaza chamada Isla, fanática da astronomía, é unha rapaza que pode pasarse horas e horas sumerxida no seu telescopio mirando as estrelas.

Todos somos», de Marcos Calveiro: todas as a opinión dos estudantes do IES de Silleda

Gracia Santorum publicou en As estelas dos ronseis as opinións dos seus alumnos e alumnas sobr Todos somos, de Marcos Calveiro.     Todos somos Comentario de Noelia Soto É un libro que convida á reflexión de como poden algúns medios de comunicación aproveitarse dun caso dunha desaparición mentres que as persoas afectadas sofren por non saber onde está a súa filla.

Narración orixinal e intrigante: «Trampa de Luz», de Agustín Agra. A opinión dun estudante

O blog As estelas dos ronseis, do IES de Silleda, reproduce a opinión do estudante David Cabaleiro sobre Trampa de Luz, de Agustín Agra.   Trampa de luz Como moitas outras veces na literatura xuvenil, a protagonista é unha adolescente. Irene é unha rapaza curiosa, á que lle encanta sacar fotografías de canto a rodea para despois tratar de recoñecer a súa identidade.

Reflicte a vida mesma: «Todos somos», de Marcos Calveiro. A opinión dun estudante

O blog As estelas dos ronseis, do IES de Silleda, reproduce a opinión do estudante David Cabaleiro sobre  Todos somos, de Marcos Calveiro.     Todos somos Todos somos conta a historia de como afecta a repentina desaparición de Natalia, unha adolescente popular e fermosa, ás persoas do seu entorno. Quen máis sofre coa súa ausencia é o mellor amigo da rapaza, Antón.