Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: iescha

Presentación en Vilalba de “Fóra do normal” de María Reimóndez

O venres 7 de setembro de 2018 ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro Fóra do normal de María Reimóndez, Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017, convocado polo IESCHA e o Concello de Vilalba coa colabroración de Xerais. No acto participarán Marisa Barreiro, Manuel Bragado, Éric Dopazo, Agustín Baamonde, María Reimóndez e Fran Alonso.

Presentación en Vilalba de “Long Play” de Lois Pérez

O venres 9 de marzo de 2018, ás 20,30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro Long Play de Lois Pérez. No acto, organizado polo Instituto de Estudos Chairegos, participarán Martiño Maseda, Marisa Barreiro, Chema Felpeto e Lois Pérez.

Entrega en Vilalba do I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade

O Instituto de Estudios Chairegos, O Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan a entrega do I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á escritora gañadora, María Reimóndez, que terá lugar o sábado, día 20 de xaneiro de 2018, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba. O acto, presentado por Carmen Hermida, contará coa intervención de Xabier P.

Presentación en Vilalba de “Arquitecturas debuxadas. Lugo” de Santiago Catalán

O venres, 27 de outubro, ás 20,30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro Arquitecturas debuxadas. LUGO de Santiago Catalán. No acto, organizado polo IESCHA, acompañarán ao autor, Manuel Roca Cendán, Marisa Barreiro e Manuel Bragado.

Iº Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade

Presentáronse onte en Villaba as bases do Iº Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, promovido polo Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) e o concello de Vilalba, coa colaboración de Edicións Xerais de Galicia.