Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: infantil

Os máis vendidos: libros de Ledicia Costas, Dolores Redondo, Jacobo Fernández Serrano e Iago López

  Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante os meses de decembro e xaneiro a partir da información proporcionada por 12 librarías galegas. A novela gañadora do último Premio Planeta, Todo isto che darei, de Dolores Redondo encabeza a lista dos libros máis vendidos na categoría de Narrativa.

A novela gañadora do Premio Xerais, «A ira dos mansos», de Manuel Esteban, encabeza a lista de libros máis vendidos; Ledicia Costas lidera a infantil e xuvenil e Jacobo Fernández Serrano a de cómic

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante os meses de outubro e novembro a partir da información proporcionada por 10 librarías galegas. A novela gañadora do último Premio Xerais de Novela, A ira dos mansos, de Manuel Esteban, encabeza a lista dos libros máis vendidos na categoría de Narrativa.

Unha delicia: «Abecedario ilustrado», de Carles Cano. Crítica de Diana Pastoriza

O blog Palabras de man ao corazón, de Diana Pastoriza, publicou unha recensión sobre o álbum  Abecedario ilustrado, de Carles Cano.     Words in Books: Abecedario Ilustrado “Un abecedario! O soño de calquera escritor, poder elixir unha palabra para cada unha das letras do alfabeto. Unha palabra fermosa, sonora, suxestiva, evocadora, imaginativa… A Palabra.

Novidade: «Abecedario ilustrado», de Carles Cano, 27 ilustradores para un álbum fermoso

Abecedario ilustrado, de Carles Cano é un novo álbum ilustrado de Xerais. 27 ilustradores españois e latinoamericanos participan neste abecedario ilustrado.Unha letra por cada dobre páxina, unha palabra que comeza por esa letra e un pequeno texto literario, en ton divertido e asequible para os pequenos lectores, no que aparece esta palabra, escrito en maiúsculas e letra ligada.

«O espello do mundo», «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, «Escarlatina, a pequena defunta» e «Historia das historias de Galicia», libros máis vendidos

Mantéñense os títulos que xa foron máis vendidos a comezos do verán, nesta nova entrega do Taboeiro do Libro galego, realizado por Ramón Nicolás que recolle a listaxe dos libros máis vendidos durante os meses de agosto e setembro a partir da información proporcionada por 11 librarías galegas. O espello do mundo de Ramón Nicolás é, canda outros dous, o libro máis vendido no ámbito de Narrativa.

Unha lectura aconsellable, áxil e vibrante: «A cacería», de Amadeo Cobas. Crítica de Eulalia Agrelo

Eulalia Agrelo Costas publicou en El correo Gallego unha recensión crítica sobre a novela  A cacería, de Amadeo Cobas, gañadora do V Premio Internacional de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

O naufraxio de Otto e a soidade de Porto Balea: «Nena e o mar», de Érica Esmoris. Ficha en Clij

A revista Clij publicou unha ficha sobre a novela Nena e o mar, de Érica Esmoris, Premio Merlín de Literatura Infantil 2015, ilustrada por Dani Padrón. A ficha pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

«O espello do mundo», «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, «Escarlatina, a pequena defunta» e «Historia das historias de Galicia», libros máis vendidos no verán

O Taboeiro do Libro galego, realizado por Ramón Nicolás que recolle a listaxe dos libros máis vendidos durante os meses de xuño e xullo a partir da información proporcionada por 12 librarías galegas. O espello do mundo, de Ramón Nicolás, é o libro máis vendido no ámbito de Narrativa.

Xavier Estévez: «Un dos grandes problemas aos que nos temos que enfrontar son os profesores que non len»

A web Lermos publicou unha entrevista asinada por Duncan a Xavier Estévez, que acaba de publicar o libro  O corazón da maxia, ilustrado por Santy Gutiérrez.

Unha gran lección: mentres hai vida, hai esperanza e futuro: «Nena e o mar», de Érica Esmoris. Crítica de Eulalia Agrelo

Eulalia Agrelo Costas publicou en El correo Gallego unha recensión crítica sobre a novela Nena e o mar, de Érica Esmoris, Premio Merlín de Literatura Infantil 2015, ilustrada por Dani Padrón.

Antonio Manuel Fraga: «Nos libros case sempre acabo recorrendo esa zona de confort que é o territorio da miña infancia»

O Diario de Ferrol publicou unha entrevista con Antonio Manuel Fraga (Foto de Antía G. Sendón).   A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Antonio Manuel Fraga: «Oxalá que a literatura galega puidese ser unha marca exportábel como foi a música irlandesa»

A web Lermos publicou unha entrevista con Antonio Manuel Fraga.   Entrevista a Antonio Manuel Fraga Antonio Manuel Fraga é un deses escritores cos que te identificas inmediatamente. Talvez por ese aire de soñador que desprende, imprescindíbel en todo bo escritor de fantasía, ou pola fonda convicción que ten no que fai.