Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: inma_otero_varela

A superficie dos lindes. Crítica de Inma Otero Varela sobre «Atravesar o fantasma», de Carlos Callón

Inma Otero Varela publicou en Sermos Galiza unha recensión crítica sobre Atravesar o fantasma, de Carlos Callón. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación na Coruña de “Atravesar o fantasma” de Carlos Callón

O martes, 3 de marzo, ás 20:30 horas, na libraría Suévia, rúa Vila de Negreira, 32 da Coruña, terá lugar a presentación do libro Atravesar o fantasma de Carlos Callón. No acto, organizado pola libraría Suévia e Xerais,  participarán Manuel Fernández Blanco, Inma Otero, Carme Fernández-Sanjulián e Carlos Callón.

Un universo ficcional moi logrado e coherente: «Atl» de Manuel Lourenzo González. Crítica de Inma Otero Varela

O blog da AELG recolle a recensión crítica de Inma Otero Varela publicada no número 196 da revista Grial sobre a novela Atl de Manuel Lourenzo González, Premio Blanco Amor de Novela 2011.     Un mundo feliz? O premio Blanco Amor recaeu en 2011 sobre unha novela de intriga política situada nun futuro máis que posible.

Cando o diario serve para achegarse á esquizofrenia: «Dark butterfly» de Rexina Vega. Crítica de Inma Otero Varela

Inma Otero Varela publica no número 194 da revista Grial unha recensión crítica sobre Dark butterfly de Rexina Vega.   Diario último de dor e enfermidade A segunda novela de Rexina Vega constitúe un cambio total de rexistro fronte á primeira, Cardume, que se insería dentro do ciclo sobre a Guerra Civil. Agora decántase por unha perspectiva máis intimista.