Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: iolanda_zúñiga

Conversas na feira: libros de Marcos Calveiro e Ledicia Costas

Conversas na feira: libros de Marcos Calveiro e Ledicia Costas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou unha anotación sobre a presentación onte na Feira do Libro de Vigo dos libros As palabras poden matar de Marcos Calveiro e Un animal chamado néboa de Ledicia Costas.   Conversas na feira Magnífico serán de conversas literarias o onte na Feira do Libro de Vigo, arredor d’As palabras poden matar de Marcos Calveiro e Un animal chamado néboa de Ledicia Costas.

Xerais na Feira do Libro de Vigo

Xerais preparou o seguinte programa para a Feira do Libro de Vigo, que se celebrará do 3 ao 12 de xullo, na rúa Progreso, dentrás do Marco. Día 3 de xullo, venres 13:00 h.:  Pregón a cargo de Ledicia Costas. 20:00 h.:  Presentación de Dragal IV A estirpe do dragón de Elena Gallego Abad con Manuel Bragado. 21:00 h.

Iolanda Zúñiga: «A relixión, o fútbol, o Carnaval, son en Brasil para moita xente unha maneira de ter esperanza»

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista  a Iolanda Zúñiga sobre a súa novela Periferia.   «A relixión, o fútbol, o Carnaval, son en Brasil para moita xente unha maneira de ter esperanza» As favelas estaban aí antes do Mundial. E seguirán cando se apague o debate mediático xerado arredor deste macroespectáculo. Tamén a desigualdade. O racismo. O patriarcado. A intemperie.

Iolanda Zúñiga: «Existe mundo alén dos clásicos da literatura universal que, a risco de caer en herexía, non me alimentaron máis que o cine, a música ou os videoxogos»

Armando Requeixo publicou na sección «Parlamento das letras» do seu blog Criticalia unha entrevista con Iolanda Zúñiga.   Parlamento das Letras: Iolanda Zúñiga Iolanda Zúñiga é unha escritora cuántica.

Iolanda Zúñiga impartirá unha conferencia este luns no Instituto Cervantes de São Paulo sobre a súa novela «Periferia»

A escritora Iolanda Zúñiga impartirá o vindeiro luns unha conferencia no Instituto Cervantes de São Paulo, Brasil, sobre a súa novela Periferia. A actividade, promovida polo Consello da Cultura Galega, devolve a escritora ao escenario do que partiu a novela, que foi gañadora do Premio Xerais en 2010. Periferia foi considerada pola crítica unha das novelas máis innovadoras da literatura galega dos últimos tempos.

As 10 mellores novelas de 2010 para Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publica un post no que escolle as que, ao seu xuízo, son as 10 mellores novelas de 2010. Reproducimos aquí as que corresponden a Xerais. O listado enteiro pode consultarse no seu blog. 1. O coitelo en novembro, Marilar Aleixandre 3. Periferia , Iolanda Zúñiga 4. Todo é silencio, Manuel Rivas 6. Denso recendo a salgado, Manuel Portas 10.

Iolanda Zúñiga, o magnífico pregón da Feira do Libro de Vigo

Pregón de Iolanda Zúñiga from Redelibros on Vimeo. O texto pode lerse en Trafegando ronseis. Vía Redelibros.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo

Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo Día 1 venres ás 19:30 horas: Pregón a cargo de Iolanda Zúñiga. Día 4 luns, 20:30 horas: Presentación de Dragal II. A metamorfose do dragón de Elena Gallego Abad.  Intervirán Manuel Bragado, Miguel Abad e a autora. Día 5 martes, 19:30 horas: Presentación de Un dedo manchado de tinta de Manuel Portas. Participan: Manuel Bragado, o autor e o Grupo Loaira.

Finalistas dos Premios AELG 2011

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) fixo público hoxe os finalistas dos seus premios anuais. Tras unha votación dos seus asociados anunciou os finalistas tanto nas categorías de libros editados como de blogs e xornalismo. A gala de entrega dos premios será o 30 de abril en Santiago. Os membros da AELG serán tamén quen escollan de entre os finalistas os galardoados. Blog Literario 1.

Crítica de Lorena Domínguez Mallo sobre «Periferia», de Iolanda Zúñiga

O portal de literatura do Consello da Cultura Galega, LG3, publica hoxe unha recensión crítica de Lorena Domínguez Mallo sobre a obra Periferia, de Iolanda Zúñiga, gañadora do Premio Xerais de Novela 2010. Reproducímola a continuación: Plano favela Obra gañadora do Premio Xerais de novela 2010, a forza e a intensidade da prosa que flúe nestas páxinas reborda os sentidos.

Entrevista a Iolanda Zúñiga sobre «Periferia» en A Nosa Terra

A Nosa Terra publica unha entrevista de César Lorenzo Gil a Iolanda Zúñiga sobre a súa novela Periferia, Premio Xerais 2010. Reproducímola a continuación: Iolanda Zúñiga: «Débolle máis á linguaxe audiovisual que á literaria» César Lorenzo Gil.

Entrevista a Iolanda Zúñiga, sobre «Periferia» no Faro de Vigo

O Faro de Vigo inclúe hoxe unha entrevista de Mar Mato a Iolanda Zúñiga sobre a súa novela Periferia, Premio Xerais 2010. Reproducímola a continuación: «Só escribo cando unha historia me toca no corazón» A autora critica que o Goberno brasileiro pacifique as favelas por causa da olimpíada Iolanda Zúñiga (Vigo, 1975) iniciou a súa andaina como escritora recoñecida con Vidas post-it no 2007.