Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: iolanda_zúñiga

Outono de lectura: Manuel Rivas, Iolanda Zúñiga e Diego Ameixeiras

Maré, as páxinas de cultura do Galicia Hoxe, recolle hoxe unha reportaxe sobre as novidades literarias para o próximo outono, baixo o título «Outono de lectura». Manuel Rivas, Iolanda Zúñiga e Diego Ameixeiras son os tres autores que Xerais vai ofrecer aos seus lectores e lectoras.

«Creo que se pode ler cos oídos», Iolanda Zúñiga

«Chámome Iolanda Zúñiga. Malia a que o meu nome comece a relacionarse coa prosa de ficción, a miña idiosincrasia está vinculada a unha presada de oficios que desenvolvín no pasado e a outros aspectos que me definen case tanto como a escrita, actividades que me seducen, irremediablemente, e que practico sempre que alguén me concede o capricho.

«Todos somos periferia», entrevista a Iolanda Zúñiga en «Xornal de Galicia»

Iago Martínez entrevista a Iolanda Zúñiga en Xornal de Galicia, dúas semanas despois da entrega do Premio Xerais de Novela 2010. A autora de Periferia ultima estes días o o rixinal da novela que aparecerá nos andeis das librarías na primeira semana de outubro.

«Narradoras para o século XXI» por Teresa Cuíñas

A LITERATURA SAÚDA A UNHA NOVA XERACIÓN DE MULLERES PROSISTAS Dezaoito anos despois da súa creación, en 2001 o Premio Xerais de Novela, o de maior dotación económica en lingua galega, distinguiu, por vez primeira, unha obra escrita por unha muller.

«Ler é sexy» por Dolores Vilavedra

Por se non o sabían. Ademais de moitas outras cousas, todas elas moi louvables, ler é sexy. Graciñas a Iolanda Zúñiga, gañadora do Premio Xerais de novela 2010, por lembrárnolo na camiseta que vestía cando recolleu o galardón. Unha ás veces esquece ese tipo de obviedades, sobre todo nos tempos que corren.

O Xerais para unha moura fermosa

Unha moura fermosa e alegre fíxose este ano co galardón do Premio Xerais de Novela. As mouras son eses seres fantásticos que viven nas fragas galegas e teñen por misión coidar da natureza.

Iolanda Zúñiga: «Contra a soberbia»

Iolanda Zúñiga volve esculcar na realidade crúa na novela coa que gañou o Xerais, unha historia sobre a precaridade cotiá e a falta de oportunidades nos suburbios Montse Dopico “Periferia foi concibido coma un texto contra a soberbia, contra a estupidez, contra a ignorancia. Contra a ridiculez do ser humano, que ten a certeza de sentirse o centro do universo.

Iolanda Zúñiga fala de «Periferia», Premio Xerais 2010

Iolanda Zúñiga, primeiras entrevistas

Iolanda Zúñiga, gañadora do Premio Xerais de novela 2010 por Periferia, foi entrevistada por diversos medios. Recollemos estas primeiras entrevistas. «Cada capítulo da novela podería ser lido como un relato» (La Voz de Galicia) «Iolanda Zúñiga fala de Periferia» (entrevista / audio en LG3) «Iolanda Zúñiga: “Contra a soberbia”» (Galicia hoxe) Fotografía de Pilar Ponte publicada en Facebook.

Premios Xerais 2010 nos blogs, redes sociais e galerías de fotos

Ademais da retransmisión en directo da cerimonia de entrega dos Premios Xerais e as tuitadas realizadas por algúns asistentes, os blogs recollen noticias e valoracións da cerimonia: «Dúas mulleres, Premios Xerais 2010» (Trafegando ronseis) «Iolanda Zúñiga e Teresa González, Premios Xerais 2010» (Imos Indo) «Crónica de San Simón e unha denuncia» (Ferradura en tránsito, X.M.

Premios Xerais 2010 nos medios

Foto de © Paula Gómez del Valle. «Numerosas son as referencias publicadas na prensa galega, tanto impresa como dixital, arredor do fallo dos Premios Xerais 2010.

300 persoas nos Premios Xerais 2010

Na illa de San Simón, no concello de Redondela, o sábado, 12 de xuño, ditamináronse a XXVIIª edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.000 euros, a XXVª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros. Esta festa literaria consistiu nun acto literario-musical, celebrado no Auditorio da illa de San Simón, ao que seguiu unha cea ao aire libre nos xardíns da illa.