Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: iria_misa

As relacións da literatura galega co mundo da música da man dos libros: «Todas as vidas», de Xosé Ramón Pena, e «Mamá, quero ser Ziggy Stardust», de Iria Misa. Reportaxe no xornal «Nós Diario»

O xornal Nós Diario publicou unha reportaxe de Mario Regueira sobre as relacións da literatura galega co mundo da música, con mención a dous libros publicados por Xerais: Todas as vidas, de Xosé Ramón Pena, e Mamá, quero ser Ziggy Stardust, de Iria Misa.

A escritora Iria Misa gaña o IV Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade

Este venres 30 de outubro de 2020, ás 18 horas, reuniuse, de maneira telemática dada a situación sanitaria derivada da pandemia, o Xurado do IV Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia, e formado por Da Antía Yáñez Rodríguez, D. Manuel Bragado Rodríguez e Da.

A campaña #envozpropia de Xerais, nos medios e na rede

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

#envozpropia: Campaña nas redes sociais de Xerais

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

Un achegamento á adolescencia en estado puro na busca dun ideal estético e ético ao que aferrarse: «Segredos no solpor», de Iria Misa. Anotación en El Correo Gallego

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Ánxela Gracián sobre o libro: Segredos no solpor, de Iria Misa, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”

Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”.

Os Premios Fervenzas Literarias recoñecen a Xerais como a mellor editorial do 2018 e premian varias das súas obras e autoras

    A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos lectores/as do portal a través de votación web. Esta é unha interesante iniciativa que se abre á participación e á opinión dos lectores e lectoras, aos que agradecemos o recoñecemento de Xerais como a mellor editorial do ano 2018, así como os resultados obtidos polos libros publicados pola nosa editorial.

Unha proposta moi entretida para o público infantil e interesante respecto aos valores que presenta: «Mamá, quero ser Ziggy Stardust», de Iria Misa. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Mamá, quero ser Ziggy Stardust, de Iria Misa, ilustrado por Alba Barreiro. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Sopa de Libros.

Presentación na Coruña de “Mamá, quero ser Ziggy Stardust” de Iria Misa

O martes 11 de decembro de 2018, ás 19:00 horas, en Berbiriana, rúa Santiago, 7, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Mamá, quero ser Ziggy Stardust de Iria Misa. No acto participarán Cristina Palacios, presidenta da Asociación Arelas, e Iria Misa.

Un relato honesto e afouto da realidade que atinxe á infancia transxénero. «Mamá, quero ser Ziggy Stardust», de Iria Misa. Crítica no blog «Balea Cultural»

O blog Balea Cultural publicou unha recensión de Iria Pedreira sobre o libro: Mamá, quero ser Ziggy Stardust, de Iria Misa, ilustrado por Alba Barreiro. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Sopa de Libros Recensión: Iria Misa, «Mamá, quero ser Ziggy Stardust»   As crianzas galegas e as melómanas de pro estamos de sorte.

Iria Misa: «Esta historia trata de romper coa división por xéneros que temos preconcebida» Entrevista no Faro de Vigo sobre a novela infantil: «Mamá, quero ser Ziggy Stardust»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Neli Pillado á escritora Iria Misa sobre a novela infantil: Mamá, quero ser Ziggy Stardust, ilustrada por Alba Barreiro. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Sopa de Libros. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Baiona de “Mamá, quero ser Ziggy Stardust” de Iria Misa

O venres 26 de outubro, ás 20:oo horas, no Bidendum, rúa Ventura Misa, 30, Baiona, terá lugar a presentación do libro Mamá, quero ser Ziggy Stardust de Iria Misa con ilustracións de Alba Barreiro. No acto participarán Cristina Palacios (presidenta de Arelas), Manuel Bragado, Iria Misa e a actuación musical de Starman e Chinagirl.