Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: isaac_xubín

A capacidade de colocarnos nun camiño que procura respostas non acostumadas: «Non hai outro camiño», de Isaac Xubín. Crítica na revista Grial

Grial, a revista galega de cultura, publicou unha recensión crítica de Ana Salgado sobre o libro: Non hai outro camiño, de Isaac Xubín. O libro gañou o Premio da Crítica Española (en lingua galega), 2016, e está publicado por Xerais na colección Narrativa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Unha prosa digna da xeración mellor formada deste país. «Non hai outro camiño», de Isaac Xubín. Crítica de Xabier Cordal en «A Trabe de Ouro»

A revista A Trabe de Ouro publicou no seu número 106 unha crítica de Xabier Cordal sobre a novela: Non hai outro camiño, de Isaac Xubín. O libro gañou o Premio da Crítica Española (en lingua galega), 2016, e está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nestas ligazóns: A Trabe de Ouro 1 / A Trabe de Ouro 2 / A Trabe de Ouro 3.

A identidade como unha fenda na pedra da calzada. «A cadencia da fractura», de Isaac Xubín. Crítica na revista Tempos Novos

A revista Tempos Novos publicou unha recensión crítica de Gonzalo Hermo sobre o poemario: A cadencia da fractura, de Isaac Xubín. O libro está publicado por Xerais na colección Poesía. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Corporeidade ata a consciencia da voz: «A cadencia da fractura», de Isaac Xubín. Opinión crítica de Alba Cid

 O programa Chamando á terra, da Radio Galega, emitiu unha opinión crítica de Alba Cid sobre o libro de poemas A cadencia da fractura, de Isaac Xubín, Premio Lueiro Rey de Poesía. A crítica pode escoitarse nesta ligazón.

Poética de identidade: «A cadencia da fractura», de Isaac Xubín. Crítica de Armando Requeixo

O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre o libro de poemas A cadencia da fractura, de Isaac Xubín, Premio Lueiro Rey de Poesía. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación en Pontevedra de “A cadencia da fractura” de Isaac Xubín

O xoves 14 de decembro de 2017, ás 20:00 horas, na librería Paz, rúa Peregrina, 29, Pontevedra, terá lugar o recital poético-presentación do libro A cadencia da fractura de Isaac Xubín.

Presentación en Santiago de “A cadencia da fractura” de Isaac Xubín

O mércores 13 de decembro ás 20:00 horas en Chan da Pólvora, rúa de San Pedro, 74, Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro A cadencia da fractura de Isaac Xubín. Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, 2017 No acto participarán Isaac Xubín e Armando Requeixo.

Presentación en Vigo de “A cadencia da fractura” de Isaac Xubín

O xoves 30 de novembro ás 20:00 horas na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125 de Vigo, terá lugar a presentación do libro A cadencia da fractura de Isaac Xubín.

Novidade: «A hora de espertarmos xuntos», de Kirmen Uribe. A gran novela sobre a historia vasca, española e europea desde o século XX

A hora de espertarmos xuntos, de Kirmen Uribe, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais, traducido por Isaac Xubín. A Karmele Urresti a Guerra Civil sorpréndea na súa Ondarroa natal. Mentres a poboación foxe ao exilio, ela decide quedar curando os feridos e tratando de liberar o seu pai, que foi encarcerado.

Retorno á reprise: «Non hai outro camiño», de Isaac Xubín. Crítica de Anxo Angueira

A revista Tempos novos publicou unha recensión crítica de Anxo Angueira sobre a novela Non hai outro camiño, de Isaac Xubín. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Miseria e destrución que provocan incomodidade: «A cadencia da fractura», de Isaac Xubín. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o poemario A cadencia da fractura, de Isaac Xubín, Premio Lueiro Rey de Poesía.   A cadencia da fractura Isaac Xubín é o autor deste libro de poemas que publica Xerais, Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey 2017, A cadencia da fractura. Poesía de cambio, de movemento, que fala de miseria e destrución, esa que tantas veces negamos.

O peso ingrávido da poesía, o seu roce secreto: «A cadencia da fractura», de Isaac Xubín. Crítica de Román Raña

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre o libro de poemas A cadencia da fractura, de Isaac Xubín, Premio Lueiro Rey de Poesía. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.