Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: isabel_soto

Presentación en Santiago de “Da Carapuchiña ao señor Lamote” de Miguel Vázquez Freire

O xoves 3 de outubro de 2019, ás 19:30 horas, na Biblioteca Afundación, rúa Frei Rosendo Salvado 17-16, Santiago, terá lugar a presentación do libro Da Carapuchiña ao señor Lamote de Miguel Vázquez Freire. No acto participarán Isabel Soto e Miguel Vázquez Freire.

Xerais publica un dos álbums clásicos de Uderzo & Goscinny: «Astérix en Britania». Entrevista cos tradutores Xavier Senín e Isabel Soto no Diario Cultural

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Xavier Senín e Isabel Soto, tradutores do álbum: Astérix en Britania, de René Goscinny e Albert Uderzo. O libro está publicado por Xerais na colección Cómics. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

O novo álbum de Astérix publicarase en galego da man de Xerais. Noticia no Sermos Galiza

O xornal Sermos Galiza publicou unha anotación de Daniel Salgado sobre a publicación en galego do novo álbum de Astérix: Astérix. A filla de Vercinxetórix, da man de Xerais.   O novo álbum de Astérix publicarase en galego Unha adolescente rebelde, filla do líder rebelde galo Vercinxetórix, protagoniza o álbum número 38 do irredutíbel Astérix.

A escritora e xornalista Rosa Aneiros gaña o II Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade. Anotación nos medios

A escritora e xornalista Rosa Aneiros gañou o II Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, pola obra: Tres bichiconas, dúas illas e unha serea. O certame está convocado polo Intituto de Estudos Chairegos (Iescha), o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia.

«María Victoria Moreno foi pioneira na creación da literatura infantil e xuvenil en galego.» Información sobre a mesa redonda no Club Faro de Vigo arredor da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas

O xornal Faro de Vigo publicou unha información sobre a mesa redonda arredor da figura de María Victoria Moreno, e na que participaron Manuel Bragado e os autores de María Victoria Moreno. Sementadora de futuro, Xavier Senín e Isabel Soto. A información pode lerse en formato pdf nesta ligazón e nestoutra.

«O merecido recoñecemento a unha autora pioneira e referencial na literatura infantil e xuvenil en galego.» Anotación de Manuel Bragado en «Brétemas» sobre a homenaxe en Vigo a María Victoria Moreno

Manuel Bragado publicou no blog Brétemas unha anotación sobre a homenaxe a María Victoria Moreno desenvolvida no Club Faro de Vigo, e na que participaron tamén os autores Xavier Senín e Isabel Soto.

«María Victoria Moreno. Sementadora de futuro», de Isabel Soto e Xavier Senín, no espazo «Cada día un libro» da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á biografía María Victoria Moreno. Sementadora de futuro, de Xavier Senín e Isabel Soto. O programa pode verse nesta ligazón.

Un itinerario vital para entendermos as claves da súa obra literaria: crítica de Estro Montaña sobre «María Victoria Moreno. Sementadora de futuro»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Estro Montaña sobre o libro María Victoria Moreno. Sementadora de futuro, de Isabel Soto e Xavier Senín. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

«María Victoria Moreno estaría encantada coa actual eclosión da LIX galega.» Entrevista na web da RAG a Xavier Senín, coautor de «María Victoria Moreno, sementadora de futuro»

O portal da Real Academia Galega publica unha entrevista a Xavier Senín con motivo da publicación de María Victoria Moreno, sementadora de futuro, do que Senín é coautor xunto a Isabel Soto.

Isabel Soto: «María Victoria Moreno tomou partido polo galego e foi unha verdadeira activista da lingua»

O programa Diario Cultural da Radio Galega, emitiu unha entrevista a Isabel Soto e Xavier Senín, autores do libro María Victoria Moreno: Sementadora de futuro. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Unha biografía luminosa: «María Victoria Moreno. Sementadora de futuro», de Isabel Soto e Xavier Senín. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre a biografía María Victoria Moreno. Sementadora de futuro, de Isabel Soto e Xavier Senín.     María Victoria Moreno.

O cómic «Astérix en Italia», en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao cómic Astérix en Italia, de  René Goscinny,  Albert Uderzo, Jean-Yves Ferri e Didier Conrad. O programa pode verse nesta ligazón.