Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: iván_sende

Unha historia no sentido máis tradicional das fábulas: «A formiga destemida», de María Reimóndez. Crítica de Montse Pena Presas no Diario Cultural

Montse Pena Presas interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: A formiga destemida, de María Reimóndez, con ilustracións de Iván Sende, publicado por Xerais na colección: Merlín. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 21.00″.

A historia dunha pequena protagonista que comprende que só o coñecemento dá sabedoría: « A formiga destemida», de María Reimóndez e Iván Sende. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: A formiga destemida, de María Reimóndez, con ilustracións de Iván Sende, publicado por Xerais na colección Merlín.

Novidade: «A formiga destemida», de María Reimóndez. Unha fábula sobre a importancia de afrontar a vida sen prexuízos que nos limiten

A formiga destemida, de María Reimóndez, con ilustracións de Iván Sende, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. Unha formiga curiosa e valente decide afastarse do seu formigueiro para vivir novas experiencias.

Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”

Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”.

Da nenez á pubertade: «Volvo! O regreso de Usha», de María Reimóndez. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre Volvo! O regreso de Usha, de María Reimóndez.   Non tan afastados como parece Reimóndez presenta nesta novela curta dirixida a un público xuvenil a situación das rapazas nunha rexión da para nós remota India.

Xerais na Feira do Libro de Vigo 2014

Do 23 de maio ao 1 de xuño terá lugar a Feira do Libro de Vigo 2014 na que Xerais ten organizados os seguintes actos: • Día 23 de maio  venres 12:30 h.: Pregón a cargo de Pedro Feijoo. 19:00 h.: Presentación de Penúltimas tendencias  de Carlos Negro con Manuel Bragado. 20:00 h.: Presentación de A viaxe de Gagarin de Agustín Fernández Paz con Manuel Bragado. • Día 26 de maio  luns 19:00 h.

Sensibilidade e alento literario: «Volvo! O regreso de Usha», de María Reimóndez. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro Volvo! O regreso de Usha, de María Reimóndez.   «VOLVO! O REGRESO DE USHA» [ MARÍA REIMÓNDEZ ] Máis que divertimento narrativo A literatura infantil existe, e goza de boa saúde entre nós malia a súa permanente invisibilidade.

Xerais na Feira do Libro de Pontevedra 2014

Dende o 6 ao 11 de maio terá lugar a Feira do Libro de Pontevedra na que Xerais ten programados os seguintes actos: Día 7 de maio  mércores 20:00 h.: Presentación de Sete Caveiras  de Elena Gallego con Ramón Rozas e Manuel Bragado. Día 8 de maio  xoves 20:00 h.: Presentación de O sangue dos camiños  de Ramón Caride con Xesús Constela. Día 10 de maio  sábado 18:00 h.

Novidade: «Volvo! O regreso de Usha», de María Reimóndez. Enfrontándose a novos desafíos

Volvo! O regreso de Usha, de María Reimóndez, é unha novidade da colección Merlín. Ilustrado por Iván Sende. Na pequena aldea de Devastana, Usha e as súas amizades regresan das vacacións cos nervios do último curso da primaria, ao final do cal terán que enfrontarse á temida reválida. Mais axiña a reválida pasa a un segundo plano, porque na vida hai acontecementos moito máis intrigantes ca un exame.

«O monstro das palabras» de María Reimóndez

Dentro de tres semanas chegarán ás librarías os primeiros exemplares d’ O monstro das palabras, a nova novela de María Reimóndez para os lectores novos (de 11 anos en diante).

Xerais, próximas novidades infantís e xuvenís

Anunciamos o programa de novidades infantís e xuvenís preprado pola editorial até finais de 2009: XERAIS MERLÍN Mil cousas poden pasar. Libro I. Jacobo Fernández Serrano (texto e ilustracións). Premio Merlín de Literatura Infantil 2009. Novela. Acartonado. Merlín 9 en diante. Valados. Agustin Fernández Paz (texto) e Xan López Domínguez (ilustracións). Conto. Acartonado. O maquinista Antón.

Novidades para o público pequeno

Novidades para o público pequeno

A Nosa Terra destaca nunha información ás máis recentes novidades infantís da editorial. A eses títulos hai que engadir dous novos merliños, álbums en rústica para os primeiros lectores: Bea de Iván Sende e Bertiño Rompetodo de Ramón Caride e Chus Ferrín. Bea, aínda que hoxe xa é maior, hai trinta anos tamén era unha nena.