Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: izan_o_da_saca

Excelente presenza dos libros de Xerais entre os 50 máis lidos nos Clubs de Lectura

O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares durante o curso 2016/2017, dos que 26 títulos foron publicados por Xerais.

Xabier Quiroga: «Todo o rastro nazi en Galicia leva cara Vigo, daría para moitas novelas»

Vigoé publicou unha entrevista de Antonio García ao escritor Xabier Quiroga sobre a novela Izan o da saca.

Xabier Quiroga: «Quedei engaiolado coa intensa relación entre os nazis e Galicia e como se intentou disimular»

O xornal Atlántico Diario publicou unha entrevista de Ana Baena ao escritor Xabier Quiroga sobre a novela Izan o da saca. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Xabier Quiroga: «A presenza nazi en Galicia permanceu oculta durante anos»

O xornal El Progreso publicou unha información de Ángel Castro sobre a novela Izan o da saca, de Xabier Quiroga. A información pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Xabier Quiroga: «Se queremos estabilizar un sistema literario propio, non difamemos títulos»

O xornal El Correo Gallego publicou unha entrevista de Eduardo Medina ao escritor Xabier Quiroga.

O escritor Xabier Quiroga recolleu onte o Premio Arcebispo Sanclemente

O escritor Xabier Quiroga recolleu onte o Premio Arcebispo Sanclemente na categoría en lingua galega, que concede un xurado, composto por alumnos do IES Rosalía de Castro de Santiago e doutros institutos galegos, británicos, alemáns, portugues, estadounidenses, e rusos. Na recollida estivo acompañado polos gañadores das outras categorías, a escritora Sara Mesa (lingua española) e o escritor Pierre Lemaitre (lingua estranxeira).

As pegadas do nazismo en Galicia: «Izan o da saca» e «Cabalos e lobos». Artigo de Xoán Carlos Domínguez Alberte

Sermos Galiza publicou un artigo de Xoán Carlos Domínguez Alberte sobre as pegadas do nazismo en Galicia a través de dúas novelas recentes: Izan o da saca, de Xabier Quiroga, e Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo.     Rastros do nazismo en Galiza Ligou que os últimos títulos de prosa que acabo de ler coinciden en pór o foco nunha temática común e de grande interese. Refírome a Cabalos e lobos, de Fran P.

A Ribeira Sacra, espazo literario de autores como Dolores Redondo e Xabier Quiroga. Artigo de Manuel Bragado en Faro de Vigo

O editor Manuel Bragado, director de Xerais, publicou no Faro de Vigo un artigo, que tamén recolle no seu blog, sobre a Ribeira Sacra literaria, escenario de diversas novelas do escritor Xabier Quiroga e da recentemente publicada novela Todo isto che darei de Dolores Redondo.

O Taboleiro do libro galego publica o listado dos libros máis vendidos no ano 2016

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que nesta ocasión recolle un resumo dos libros máis vendidos durante o ano 2016 a partir da información proporcionada polas librarías galegas. Numerosos libros de Xerais figuran nas listas:   NARRATIVA 1º-. Manuel Rivas,  O último día de Terranova,  Xerais. 4º-. Xabier Quiroga, Izan o da saca, Xerais. 5º-.

Xabier Quiroga: «Nunca pensara na miña obra como para mozos; terei que mudar de idea»

O xornal El Progreso publicou unha entrevista de Marta Veiga ao escritor Xabier Quiroga sobre a súa novela Izan o da saca, que acaba de gañar o Premio Arcebispo Sanclemente . A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

A novela «Izan o da saca», de Xabier Quiroga, Premio Arcebispo Sanclemente

A novela Izan o da saca, de Xabier Quiroga, resultou hoxe gañadora do Premio Arcebispo Sanclemente na categoría en lingua galega, logo da reunión dos membros do xurado, composto por alumnos do IES Rosalía de Castro de Santiago, dotros catro institutos gallgos e de seis centros máis de Gran Bretaña, Francia, Alemaña, Portugal, Estados Unidos e Rusia.

«Amor en alpargatas» e «Izan o da saca», finalistas do Premio San Clemente

Dúas das tres novelas finalistas da XXII edición do Premio literario San Clemente, na categoría de lingua galega, son obras publicadas por Xerais: Amor en alpargatas, de Manuel Portas, e Izan o da saca, de Xabier Quiroga. Canda elas está proposta tamén As últimas galerías, de Álvarez Cáccamo.