Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: jacobo_buceta

Presentación en Vigo de “A balada dos unicornios” de Ledicia Costas

O mércores 10 de outubro ás 19:30 horas, na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27 de Vigo, terá lugar a presentación do libro A balada dos unicornios de Ledicia Costas, Premio Lazarillo 2017. No acto acompañarán á autora Jacobo Buceta e Fran Alonso.

Pedro Feijoo: «Non creo nos heroes senón na xente que comete erros, que se equivoca e sae adiante, como Simón e Mariña»

O escritor Pedro Feijoo foi entrevistado en en Radio Vigo, Cadea SER e Localia TV por Jacobo Buceta sobre a súa novela Os fillos do lume.

Presentación en Vigo de “Morena, perigosa e románica” de Pedro Feijoo

O venres, 16 de outubro, ás 20:00 horas, na libraría Andel, Avda. Camelias, 102, Vigo, terá lugar a presentación da novela Morena, perigosa e románica de Pedro Feijoo. No acto, organizado dentro do programa “Os venres nas librerías”,  participarán Jacobo Buceta, Manuel Bragado e Pedro Feijoo.

Pedro Feijoo: «Nunca me sentín só no proceso creativo»

O escritor Pedro Feijoo foi entrevista en Localia TV Vigo por Jacobo Buceta pola obtención do Premio Arcebispo Xoán de San Clemente coa súa novela A memoria da choiva.

Presentación de “Fútbol es fútbol” de Jacobo Buceta na Illa de Arousa

O venres, 12 de abril, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos do Concello da Illa de Arousa, terá lugar a presentación do libro Fútbol es fútbol de Jacobo Buceta. No acto participarán Jacinto Barreiro, Xaime Escudeiro, Diego Gondar (presidente do Céltiga C.F.), Belermo Dios (presidente da peña Carcamáns), Carlos Iglesias (Tenente Alcalde do Concello da Illa de Arousa) e Jacobo Buceta.

Sinatura de “Fútbol es fútbol” de Jacobo Buceta

O xoves, 20 de decembro a partir das 19:30 horas, Jacobo Buceta asinará exemplares do seu libro Fútbol es fútbol no departamento de librería de El Corte Inglés de Vigo.

Contra a visión centralista no fútbol: «Fútbol es fútbol» de Jacobo Buceta. Artigo de Manuel Bragado

Manuel Bragado recolle en Brétemas a reflexión que realiza no seu artigo de Faro de Vigo a partir do libro Fútbol es fútbol de Jacobo Buceta.   Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da aparición do libro Futbol es fútbol de Jacobo Buceta e da vitoria do Celta fronte ao Madrid, a criticar o relato centralista e reaccionario promovido pola caverna madrileña sobre as competicións de fútbol profesional.

Crónica en Brétemas da presentación de «Fútbol es fútbol», de Jacobo Buceta

Manuel Bragado publicou en Brétemas unha crónica da presentación de Fútbol es fútbol de Jacobo Buceta.   Celebramos a primeira presentación dun libro nas magníficas instalacións do espazo cultural d’ A Nave de Vidán. O xornalista Xosé Hermida e o seleccionador galego Fernando Vázquez conversaron con Jacobo Buceta sobre os contidos dun libro que radiografía o mundo do fútbol e dos seus protagonistas.

Presentación en Santiago de “Fútbol es fútbol” de Jacobo Buceta

O martes, 11 de decembro, ás 20,00 horas, na Nave de Vidán, Avda Mestra Victoria, 44 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Fútbol es fútbol de Jacobo Buceta. No acto participarán Toño Bermúdez (Xefe de deportes de Radio Galicia-Cadena SER), Xosé Hermida (Delegado de “El País” Galicia), Fernando Vázquez (Adestrador de fútbol e Seleccionador Galego), Manuel Bragado (director de Xerais) e Jacobo Buceta.

Presentación en Vilagarcía de “Fútbol es fútbol” de Jacobo Buceta

O luns, 10 de decembro, ás 20,00 horas, na Sala de Conferencias da Autoridade Portuaria, Peirao de Pasaxeiros de Vilagarcía, terá lugar o acto de presentación do libro Fútbol es fútbol de Jacobo Buceta.