Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: joaquim_ventura

Paisaxe literaria despois da batalla: «Narrativa e imaxinario nacional na reconstrución do campo literario na posguerra (1936-1966)», de Mario Regueira. Anotación no «Galicia Hoxe»

O xornal Galicia Hoxe publicou unha anotación de Joaquim Ventura sobre o libro: Narrativa e imaxinario nacional na reconstrución do campo literario na posguerra (1936-1966), de Mario Regueira, publicado por Xerais na colección: Lingua e Literatura.

Unha reflexión con valentía crítica sobre o Rexurdimento no seo da historiografía da literatura galega: «Rexurdimento: a palabra e a idea», de Anxo Angueira. Anotación de Joaquim Ventura

Joaquim Ventura publicou nos xornais El Correo Gallego e Galicia Hoxe unha anotación sobre o libro: Rexurdimento: a palabra e a idea, de Anxo Angueira.   Houbo rexurdimento? No meu exercicio como estudoso da literatura galega, sempre manifestei a miña impresión sobre a preguiza habitual dos máis dos críticos á hora de abordar a súa historia e os seus contidos.

Unha vacina contra o inmobilismo crítico: «Historia da Literatura Galega IV», de Xosé Ramón Pena. Anotación no xornal El Correo Gallego

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación de Joaquim Ventura sobre o libro: Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975. A “longa noite”, de Xosé Ramón Pena.   «Historia da Literatura Galega IV», de Xosé Ramón Pena Se de algo tería que servir facer anos é saber evitar calquera arrouto sectario. Cousa que no caso da análise das letras galegas non sempre resulta doado.

Unha análise contundente: «Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual», de Xesús Alonso Montero. Crítica de Joaquim Ventura

Joaquim Ventura publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual, de Xesús Alonso Montero. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Unha nova visión do Rexurdimento: «Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento», de Xosé Ramón Pena. Crítica de Joaquim Ventura

Joaquim Ventura publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, de Xosé Ramón Pena, un libro que complementa o volume anterior. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.