Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: jonathan_dunne

«Land Rover», de Suso de Toro, en búlgaro

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a tradución ao Búlgaro de Land Rover, de Suso de Toro.   «Land Rover» en búlgaro Contactei onte varias veces con Suso de Toro durante a súa viaxe camiño de Sofia onde foi convidado a presentar a súa edición de Land Rover en búlgaro.

Crítica de David Marx sobre a tradución ao inglés de «Un millón de vacas» de Manuel Rivas

O blog David Marx: Book Reviews publicou unha recensión crítica sobre One Million Cows, a tradución ao inglés de Un millón de vacas, de Manuel Rivas, feita por Jonathan Dunne e publicada por Small Station Press.   One Million Cows By Manuel Rivas Small Stations Press – £5.

«Polaroid», de Suso de Toro, unha obra inspidade pola cultura punk, en inglés. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a tradución ao inglés de Polaroid de Suso de Toro.   «Polaroid» de Suso de Toro en inglés Soubemos onte da recensión publicada en Winstonsdad’s blog sobre a tradución ao inglés de Polaroid de Suso de Toro realizada por Jonathan Dunne e publicada por Small Stations.

«Polaroid» by Suso De Toro. Crítica en Winstonsdad’s Blog da tradución ao inglés

O blog británico Winstonsdad’s Blog publica unha recensión crítica da tradución ao inglés de Polaroid de Suso de Toro, un dos libros referencias da literatura galega. O libro de Suso de Toro foi traducido a esa lingua por Jonathan Dunne e publicado por Small Stations Press.     Polaroid by Suso De Toro We were strangers. We were strangers, for way too long, for way too long, We were strangers, for way too long.

Crítica sobre a tradución ao inglés de «Un millón de vacas» («One Million Cows») de Manuel Rivas

A web Tony’s reading list publicou unha recensión crítica sobre One Million Cows, a tradución ao inglés de Un millón de vacas, de Manuel Rivas, feita por Jonathan Dunne e publicada por Small Station Press.

A versión inglesa de «Todo é silencio», de Manuel Rivas, elixida como a segunda mellor novela publicada en 2014

A novela Todo é silencio, de Manuel Rivas, foi elixida por Eileen Battersby como a segunda mellor novela do ano entre todas as obras publicadas en 2014, segundo publica The Irish Times. A tradución ao inglés de All Is Silence está feita por Jonathan Dunne.

Small Stations Press lanzará a partir do outono unha serie de literatura xuvenil galega traducida ao inglés

Small Stations Press, o selo editorial de Jonathan Dunne, publicará o vindeiro outono os primeiros títulos da nova serie de literatura xuvenil galega en inglés, Galician Wave, que comza a súa andaina con catro títulos: Aire negro de Agustín Fernández Paz, A Pomba e o Degolado de Fina Casalderrey, O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro, e Dragal I, de Elena Gallego Abad.

A literatura galega ábrese paso en Bulgaria

La Voz de Galicia publicou unha reportaxe de Xesús Fraga sobre a publicación de varios títulos de literatura galega en Bulgaria, en Small Stations Press, o selo de Jonathan Dunne, entre eles a Poesía completa de Lois Pereiro, O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas e Aire Negro, de Agustín Fernández Paz. Reproducimos a portada de Aire negro.

Miscellaneous: «Anthology of Galician Literature 1981-2011», by Jonathan Dunne. Crítica de David Mackenzie

A revista de libros de California World Literature Today (xullo 2013) publicou unha recensión crítica de David Mackenzie sobre a Antoloxía da literatura galega 1981-2011 / Anthology of Galician Literature 1981-2011, da que é responsable Jonathan Dunne. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf.

Galician literature: o crecemento da dispoñibilidade da literatura galega no mundo. Presentación de «Anthology of Galician Literature 1981-2011»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da Antoloxía da literatura galega 1981-2011 / Anthology of Galician Literature 1981-2011, da que é responsable Jonathan Dunne. Tamén El Correo Gallego publicou unha información ao respecto de Fran P. Lorenzo.

Rolda de prensa-presentación de “Anthology of galician literature / Antoloxía da literatura galega 1981-2011″

O xoves, 30 de maio, ás 13:00 horas, na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela (Avda. Xoán XXIII, s/n), terá lugar a  roda de prensa-presentación de Anthology of galician literature / Antoloxía da literatura galega 1981-2011 de Jonathan Dunne A presentación será no salón de actos e contará coas  intervencións de: - Secretario xeral de Cultural, D. Anxo M.

«Antoloxía da literatura galega 1981-2011 / Anthology of Galician Literature 1981-2011», de Jonathan Dunne. Crítica de Román Raña

Román Raña publicou o pasado xoves 21 nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo,  unha recensión crítica sobre a Antoloxía da literatura galega 1981-2011 / Anthology of Galician Literature 1981-2011, da que é responsable Jonathan Dunne.