Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: josé_luis_cuerda

Xerais preparou unha edición especial de “Todo é silencio” con motivo da película de Cuerda

Este venres, 9 de novembro, chega aos cines a película “Todo es silencio” dirixida por José Luís Cuerda e con guión de Manuel Rivas. Con este motivo Xerais preparou unha edición especial conmemorativa con sobrecuberta ilustrada co cartel do filme.

Vídeo da conversa do xornalista Manuel Jabois con Manuel Rivas e José Luis Cuerda

Redelibros publicou o vídeo da conversa do xornalista Manuel Jabois con Manuel Rivas e José Luis Cuerda. O escritor Manuel Rivas e o cineasta José Luis Cuerda falan co xornalista pontevedrés Manuel Jabois dos camiños de ida e volta que unen a literatura e o cine, a partir das súas experiencias con “A lingua das bolboretas” e “Todo é silencio”, a última novela de Rivas que Cuerda está rodando en Galicia.

Os actores de José Luis Cuerda agradécenlle a Manuel Rivas que crease os personaxes de «Todo é silencio»

Os actores de José Luis Cuerda agradécenlle a Manuel Rivas que crease os personaxes de «Todo é silencio»

Os actores da película que dirixe José Luis Cuerda a partir da novela Todo é silencio, de Manuel Rivas, agradecéronlle onte ao escritor, na presentación pública da longametraxe, que tivo lugar en Oza dos Ríos, que crease os personaxes da novela, que «son un agasallo».

A novela «Todo é silencio», de Manuel Rivas, convértese en Carnota na película de Cuerda

A novela «Todo é silencio», de Manuel Rivas, convértese en Carnota na película de Cuerda

Alicia G. Arribas publica unha información no Galicia Hoxe sobre a rodaxe, en Carnota, de Todo é silencio, a película de Cuerda baseada na novela de Manuel Rivas.

Comezou a rodaxe de «Todo é silencio», baseada na novela de Manuel Rivas

Comezou a rodaxe de «Todo é silencio», baseada na novela de Manuel Rivas

Onte comezou en Galicia, a rodaxe da nova película de José Luis Cuerda, Todo é silencio, baseada na novela de Manuel Rivas. A longametraxe, como a novela, relata como un grupo de novos amigos descobre o segredo de Noitía, o contrabando, e admira ao grande capo, Mariscal. A lei é non ver nin oír. A boca é para calar. O vello poder esténdese co narcotráfico e envelénao todo. O destino dos mozos enfróntase con violencia.

«Todo é silencio», de Manuel Rivas: a piques de comezar a rodaxe da película de José Luis Cuerda

Nunha semana comezará a rodaxe da película Todo é silencio, baseada na novela de Manuel Rivas, que será dirixida por José Luis Cuerda. Diversos medios, como Xornal de Galicia e Galicia Hoxe informan deste feito. A cinta está protagonizada por Quim Gutiérrez, Miguel Ángel Silvestre, Celia Freijeiro, Juan Diego e Xoque Carvajal.

José Luis Cuerda anuncia que levará ao cine «Todo é silencio», a novela de Manuel Rivas

«Co guión de Rivas teño a sensación de que, por primeira vez, teño entre as miñas mans unha película», asegura José Luis Cuerda O director de cine José Luis Cuerda anunciou no Café de Redacción do Xornal de Galicia que levará ao cine a novela de Manuel Rivas Todo é silencio.

«A corpo aberto» de Manuel Rivas, hoxe á venda

«A corpo aberto» de Manuel Rivas, hoxe á venda

Hoxe chega ás librarías galegas A corpo aberto, o libro de xornalismo de Manuel Rivas. O libro será presentado o vindeiro 6 de decembro, sábado, ás 20:00 horas en Cultur.gal, a Feira Galega das Industrias Culturais que se celebra nas instalacións de Palexco na Coruña. Onte foi presentada en Madrid a edición en castelán nun acto no que Manuel Rivas foi acompañado por Baltasar Garzón e José Luis Cuerda.