Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: kiko_da_silva

«Aprende banda deseñada con Fiz», de Kiko da Silva, recomendación de lectura da Libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en CorreoTV, animaron á lectura do libro: Aprende banda deseñada con Fiz, de Kiko da Silva, publicado por Xerais na colección Cómics. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Xerais e O Garaxe Hermético convocan o I Premio O Garaxe Hermético de Banda Deseñada, co obxectivo de fomentar a creación de cómic para o público infantil e xuvenil

  Durante o transcurso de Viñetas no Atlántico na Coruña, o pasado mes de agosto, Xerais e O Garaxe Hermético presentaron publicamente as bases da primeira edición do Premio O Garaxe Hermético de Banda Deseñada, que se fallará antes de final deste ano 2019 e que publicará Xerais.

O Garaxe Hermético e Xerais convocan un concurso de banda deseñada. Noticia nos xornais «El Correo Gallego» e «Diario de Pontevedra»

A escola O Garaxe Hermético e Xerais convocan un concurso de banda deseñada dirixido ao alumnado da escola convocante que presente traballos en lingua galega. O premio será a publicación da obra por Xerais.

Unha obra de grande utilidade didáctica: «Aprende banda deseñada con Fiz», de Kiko da Silva. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre o libro: Aprende banda deseñada con Fiz, de Kiko da Silva. O libro está publicado por Xerais na colección Cómics.    Aprende banda deseñada con Fiz, de Kiko da Silva Pareceume unha excelente iniciativa de Xerais a publicación do libro de Kiko Da SilvaAprende Banda Deseñada con Fiz (2019).

Un traballo sobre banda deseñada imprescindible para as bibliotecas educativas: «Aprende banda deseñada con Fiz», de Kiko da Silva. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Aprende banda deseñada con Fiz, de Kiko da Silva. O libro está publicado por Xerais na colección Cómics.

Unha temática atractiva, unha presentación engaiolante e unha extraordinaria riqueza no detalle: «Aprende banda deseñada con Fiz», de Kiko da Silva. Anotación no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de María Navarro sobre o libro: Aprende banda deseñada con Fiz, de Kiko da Silva. O libro está publicado por Xerais na colección: Cómics. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Programa de Xerais na Feira do Libro da Coruña 2019

Do 1 ao 11 de agosto terá lugar a Feira do Libro da Coruña na que Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 1 de agosto, xoves 19:00 horas: Presentación de Quokka Moka de María Solar con ilustracións de Víctor Rivas. Participan Víctor Rivas e María Solar. Ao remate sinatura ilustrada. 19:45 horas:  Conversa entre Érica Esmorís, Quen salva un can e Andrea Maceiras, Conta nove estrelas, Premio Lazarillo 2018.

Un manual para debuxar cómic explicado en formato cómic: «Aprende banda deseñada con Fiz», de Kiko da Silva. Anotación no Sermos Galiza

O xornal Sermos Galiza publicou unha anotación sobre o libro: Aprende banda deseñada con Fiz, de Kiko da Silva. O libro está publicado por Xerais na colección Cómics.   «Aprende banda deseñada con Fiz», de Kiko da Silva Aprende banda deseñada con Fiz é xusto o que indica o seu título: un manual para debuxar cómic explicado en formato cómic.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo 2019

Do 27 de xuño ao 6 de xullo, terá lugar, na rúa do Príncipe e na praza da Farola, a Feira do Libro de Vigo 2019 para a que Xerais preparou este completo programa:

Novidade: «Aprende banda deseñada con Fiz», de Kiko da Silva. Un curso de cómic para pasalo en grande con Fiz, o neno máis porco do mundo

Aprende banda deseñada con Fiz, de Kiko da Silva, é unha novidade da colección Xerais-Cómic de Xerais. Fiz é o neno máis porco do mundo. Gústalle todo o escatolóxico, como falar coas cacas ou facer cadros abstractos con mocos.

Unha divertida aventura que educa ao lectorado máis novo no mundo da seguridade vial: «Orestes perde o sentido!», de Rosa Aneiros. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Orestes perde o sentido!, de Rosa Aneiros, ilustrado por Kiko Da Silva. O libro está publicado por Xerais na colección Sopa de Libros. Orestes perde o sentido!, de Rosa Aneiros Simpático libro este que nos trae Rosa Aneiros co título Orestes perde o sentido!, publicado por Xerais e ilustrado por Kiko Da Silva.

Unha orixinalísima narración para os cativos na que converxen os videoxogos e as normas de circulación: «Orestes perde o sentido!», de Rosa Aneiros. Anotación no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou unha anotación de María Navarro sobre o libro: Orestes perde o sentido!, de Rosa Aneiros, ilustrado por Kiko Da Silva. O libro está publicado por Xerais na colección Sopa de Libros. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.