Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: kiko_dasilva

Programación de Xerais para os últimos días da Feira do Libro da Coruña

Día 9 de agosto, venres 19:45 horas: Presentación de Lúa en Ningures de Beatriz Maceda. Participan Eli Ríos, Antonio Manuel Fraga e a autora. Ao remate sinatura de exemplares.   Día 10 de agosto, sábado 13:00 horas: Presentación, en Viñetas desde o Atlántico, da convocatoria do I Premio O Garaxe Hermético de Banda Deseñada, que publica Xerais.

«Ó outro lado do muro» blog de Kiko Da Silva

Kiko Da Silva acaba de abrir o blog «Ó outro lado do muro» vencellado coa documentación dun proxecto que publicará Xerais no futuro.

«O xardín das pedras flotantes»

«O xardín das pedras flotantes»

O xardín das pedras flotantes, a novela de Manuel Lourenzo González, gañadora do Premio Xerais 2008, tras a súa presentación onte en Pontevedra, suscita o interese de varios medios. Teresa Cuíñas anuncia en El País Galicia o prolongamento da novela no blog do autor. Xosé Manuel Eyré publica duás entregas da crónica da crítica que está preparando.

«O xardín das pedras flotantes», presentación e primeira crítica

«O xardín das pedras flotantes», presentación e primeira crítica

O luns, 24 de novembro, ás 20:00 horas, no Auditorio de Caixa Galicia (Edifcio Café Moderno), presentarase O xardín das pedras flotantes, a novela de Manuel Lourenzo González gañadora do premio Xerais 2008. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra e Xerais, participarán Mario Iglesias, director de cine, Kiko Dasilva, ilustrador e humorista, o director de Xerais e o autor.