Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: kiko_novoa

Manuel Gago: «A novela retrata un escándalo da época e revela un segredo que poucos coñecen». Entrevista no «Galicia por Diante» sobre: «Nus»

O programa Galicia por Diante, da Radio Galega, emitiu unha entrevista co escritor Manuel Gago sobre o libro: Nus, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Manuel Gago: «Esta novela é unha mestura de historia, ficción e lenda ambientada no ano 1942, cando dúas guerras ocultas en Galicia acaban xuntándose.» Entrevista en «Galicia por Diante» sobre «O exército de fume»

O xornalista Kiko Novoa, no seu programa Galicia por Diante da Radio Galega, entrevistou a Manuel Gago, autor da novela O exército de fume, unha das novidades de Xerais para este mes de xuño. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

«Aos rapaces e ás rapazas non hai que tratalos con condescendencia; e preguntarlles moito, porque teñen moito que contar.» Entrevista a El Hematocrítico sobre «O lobo con botas»

O xornalista Kiko Novoa, no seu programa Galicia por Diante da Radio Galega, entrevistou a El Hematocrítico, autor do libro O lobo con botas, ilustrado por Alberto Vázquez e traducido por Anaír Rodríguez. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

«Creo que non existe un tratado sobre a caricatura coma este en ningún idioma.» Entrevista a Siro en «Galicia por Diante», da Radio Galega

O xornalista Kiko Novoa, no seu programa Galicia por Diante, da Radio Galega, entrevistou a Siro López, autor do libro Falemos de caricatura xunto a Félix Caballero. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Marga Tojo: «O contexto social e familiar provoca que moitas veces a maternidade se converta nunha experiencia en solitario.»

O xornalista Kiko Novoa, no seu programa Galicia por Diante, da Radio Galega, entrevistou a xornalista e escritora Marga Tojo, autora do ensaio Maternidade fóra de catálogo. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Pedro Feijoo: «Eu intento sempre poñer en valor o feito de camiñar a modo por Vigo para coñecer ben a cidade»

 A raíz da publicación do seu libro Camiñar o Vigo vello. Un paseo pola historia da cidade, o escritor Pedro Feijoo realiza en vivo un percorrido para o programa Galicia por diante, da Radio Galega. O percorrido en vivo polo casco vello da cidade de Vigo pode escoitarse nesta ligazón.

Suso de Toro: «Cando leo unha novela da que disfruto non quero deixala e como escritor pretendo que a miña narrativa funcione así»

 O xornalista Kiko Novoa, no seu programa Galicia por diante, da Radio Galega, entrevistou ao escritor Suso de Toro, que regresa á literatura coa novela, Fóra de si. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Xabier P. Docampo: «Cheguei a un punto en que tiña tanta documentación que non era quen de escribir a novela»

O xornalista Kiko Novoa, no seu programa Galicia por diante, da Radio Galega, entrevistou ao escritor Xabier P. DoCampo, que fala sobre a súa nova novela, A nena do abrigo de astracán. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

María Canosa: «Con Muriel quixen que os lectores gozasen pero tamén que reflexionasen»

O xornalista Kiko Novoa, no seu programa Galicia por diante, da Radio Galega, entrevistou á escritora María Canosa, Premio Merlín de Literatura Infantiil 2017, coa novela Muriel, de María Canosa, ilustrada por Lucía Cobo.   A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Santiago Lopo: «Quixen coa novela facer unha aventura amena e divertida no século XIII, incluíndo as cantigas»

O xornalista Kiko Novoa, no seu programa Galicia por diante, da Radio Galega, entrevistou a Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017, coa novela A arte de trobar. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Damián Villalaín: «Carlos Casares tamén se enfadaba, pero non lle gustaba que as emocións debordasen a razón»

O xornalista Kiko Novoa, no seu programa Galicia por diante, da Radio Galega, entrevistou a Damián Villalaín sobre o libro Carlos Casares. Vida e literatura. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Pedro Feijoo: «Tiña moitísimas ganas de contar unha historia cun epicentro en Vigo pero que relata o comezo da modernidade en Galicia»

O escritor Pedro Feijoo foi entrevistado no programa Galicia por diante, da Radio Galega, sobre a súa próxima novela, Os fillos do lume, que Xerais publicará no mes de xuño. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón a partir do minuto 07:42.