Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: kindle

Xerais ofrece máis de 110 títulos en formato ebook, desde literatura infantil e xuvenil a novidades de narrativa ou clásicos

A decidida aposta de Xerais por abrir o seu catálogo de xeito sistemático aos dous formatos actuais do libro, o formato papel e o formato ebook, está xa plenamente consolidada, con máis de 110 títulos a disposición dos lectores e lectoras, asumindo así o reto que os novos xeitos de lectura demandan.

Xerais amplía a súa oferta de ebooks e reforza o espazo para comunicación web do libro dixital

Xerais continúa ampliando e reforzando a súa oferta dixital, que se centra moi especialmente no ámbito literario.

Os primeiros títulos de Xerais están xa en Amazon, dispoñibles para o Kindle

Os primeiros títulos de Xerais están xa en Amazon, dispoñibles para os lectores e lectoras que empregan o Kindle. Os libros que xa se poden mercar para ese formato electrónico son As voces baixas, de Manuel Rivas; Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premio Xerais de Novela 2012; En vías de extinción, de María Reimóndez; e Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz.