Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: kirmen_uribe

Libros publicados por Xerais finalistas da Gala do Libro Galego 2018

Asociación Galega de Editoras (AGE), a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Federación de Librarías de Galicia fixeron públicas as obras finalistas da Gala do Libro Galego 2018, un galardón co que se pretende recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2017 en Galicia.

Xurxo Souto e Kirmen Uribe nos “XIV Encontros con escritores” da UNED da Coruña

O xoves  14 de decembro ás 18:30 h. no Salón de actos de la Uned, rúa Educación, 3 da Coruña, terá lugar unha nova sesión do ciclo “XIV Encontros con escritores”. Ese día participan Xurxo Souto, autor de Contos do mar de Irlanda e Kirmen Uribe, autor de A hora de espertarmos xuntos que conversarán con Javier Pintor e Xavier Seoane.

Perseguir unha palabra soñada: liberdade. «A hora de espertarmos xuntos», de Kirmen Uribe. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela A hora de espertarmos xuntos, de Kirmen Uribe.   A hora de espertarmos xuntos Veño de ler con paixón e aprendizaxe este libro que vos recomendo encarecidamente: A hora de espertarmos xuntos de Kirmen Uribe publicado por Xerais.

Unha das mellores lecturas deste ano: «A hora de espertarmos xuntos», de Kirmen Uribe. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela A hora de espertarmos xuntos, de Kirmen Uribe. Recensión: Kirmen Uribe, «A hora de espertarmos xuntos» A hora de espertarnos xuntos é unha das novidades en tradución de Xerais máis agardadas polos lectores.

Híbrido e moi potente artefacto literario: «A hora de espertarmos xuntos», de Kirmen Uribe. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre a novela A hora de espertarmos xuntos, de Kirmen Uribe.

Horizontes renovadores: «A hora de espertarmos xuntos», de Kirmen Uribe. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión sobre a novela A hora de espertarmos xuntos, de Kirmen Uribe.

Novidade: «A hora de espertarmos xuntos», de Kirmen Uribe. A gran novela sobre a historia vasca, española e europea desde o século XX

A hora de espertarmos xuntos, de Kirmen Uribe, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais, traducido por Isaac Xubín. A Karmele Urresti a Guerra Civil sorpréndea na súa Ondarroa natal. Mentres a poboación foxe ao exilio, ela decide quedar curando os feridos e tratando de liberar o seu pai, que foi encarcerado.

Crítica de Xosé Manuel Eyré en A Nosa Terra sobre novela «Bilbao-New York-Bilbao», de Kirmen Uribe

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou en A Nosa Terra unha recensión crítica sobre a novela Bilbao-New York-Bilbao, de Kirmen Uribe, novela gañadora do último Premio Nacional de Narrativa 2009, do Premio da Crítica 2008, do Premio da Fundación Ramón Ruibal 2008 e do Premio do Gremio de Libreiros de Euskadi 2009.A maiores, nos últimos días, X. M. Eyré realizou no seu blog algunhas anotacións sobre a lectura da novela.

Manuel Rivas e Kirmen Uribe convidados a participar no Día Mundial das Linguas Maternas da UNESCO en Xenebra

Os escritores Manuel Rivas e Kirmen Uribe, ambos os dous autores de Xerais, foron convidados a participar, os días 7 e 8 de febreiro,  nos actos de celebración do Día Mundial das Linguas Maternas da UNESCO na sala dos Dereitos Humanos en Xenebra (unha cúpula da autoría de Miquel Barceló) onde impartiran cadanseu recital poético nas súas respectivas linguas maternas, galego e eúscaro, con acompañamento musical.

«Bilbao-New York-Bilbao» de Kirmen uribe, crítica de Dolores Martínez Torres

AUTOFICCIÓN Bilbao-New York-Bilbao de Kirmen Uribe: Cubismo narrativo De novo un escritor recorre a autoficción e ao artificio da novela en marcha, e pescuda no seu anecdotario familiar co pretexto de recompilar datos para unha obra futura,unha obra que non aparece explícita no texto e que o espectador-lector debe intuír.

Kirmen Uribe na Coruña

Kirmen Uribe, autor de Bilbao-NewYork-Bilbao, Premio Nacional de Narrativa 2009, estivo onte na Coruña para participar xunto a María Lado nun recital do ciclo «Poetas di(n)versos». Un acto memorable, coducido e organizado por Yolanda Castaño, seguido por dous centenares de persoas con enorme interese e emoción.

Kirmen Uribe falará o martes na Coruña

O escritor Kirmen Uribe, autor de Bilbao-New York-Bilbao (PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA 2009), viaxa a Galicia o vindeiro martes, 20 de abril. Entre as 18:00 e as 19:30 horas, Uribe manterá un encontro coa prensa no Hotel NH Atlántico da Coruña coincidindo co lanzamento da súa novela Bilbao-New York-Bilbao, publicada por Xerais.